13 de novembro, a loita pola dignidade.

NUNCA MÁIS no local do BNG de Redondela.
13 de novembro, a loita pola dignidade.

NUNCA MÁIS no local do BNG de Redondela.

 

Once anos de espera para coñecer a sentenza pola Catástrofe do Prestige. Once anos despois de que asistiramos a un dos maiores exemplos de incompetencia e incapacidade por parte dun goberno.

Mentiras, actos de piratería, descontrol, improvisación, caracterizaron a xestión desta grave crise.Un pobo agredido, unha sociedade atacada, unha nación que soubo reaccionar malia o intento de  manipulación por parte do goberno do Estado, ou do goberno da Xunta. Galiza enteira, o pobo galego ao completo, protagonizou o seu propio movemento de indignación. Lonxe de autocompadecernos, reaccionamos “poñéndonos mans á obra”.

Nin Fernández de Mesa, nin Mariano Rajoy ( o dos hilitos de plastilina), nin Fraga, nin Aznar, van saír con sentenzas desfavorábeis. Mais o pobo galego non esquece. Cada 13 de novembro, recordamos o inicio daqueles meses negros.

 

Como no resto do País, en Redondela tamén soubemos reaccionar. Organizando asembleas, participando activamente no reparto de material de publicidade, e para a recollida de fondos; actuando nas multitudinarias manifestacións realizadas nos primeiros meses; traballando na limpeza directa ou na loxística de apoio.

Dende o goberno municipal o BNG tamén colaborou poñendo cinco autobuses a disposición dos veciñ@s para poder desprazarse á manifestación celebrada en Madrid. A pesares do tempo transcorrido, a loita pola dignidade continúa.

13 de novembro, a loita pola dignidade.