8 de marzo, unha data sinalada para continuarmos traballando pola igualdade plena.

8 de marzo, unha data sinalada para continuarmos traballando pola igualdade plena.

A precaridade laboral, a perda de dereitos sociais, a relegación da muller a un papel subsidiario ao do home, son aínda hoxe, lastres que arrastra a nosa sociedade.

Malia que as datas sinaladas nun almanaque, poden converterse en meros símbolos cos que moitos, lavan as súas conciencias, ao BNG, permítelle expresar públicamente o seu compromiso con esta xusta loita social. As xa coñecidas actividades de posta en valor do papel da muller nunha verdadeira sociedade moderna, acompáñana outras máis novidosas ou acordes cos tempos. Mais o nacionalismo afronta esta convocatoria do 8 de marzo, como un recurso para tomar pulo na loita pola igualdade de xénero.

Malia levar varias décadas abandeirando a equiparación do home coa muller, no eido laboral, político, sindical, mesmo no fogar, e que un sistema denominado democrático, debería ter garantida esta aspiración, nada máis lonxe da realidade, o nacionalismo non vai dar nen un paso atrás. Vólvense a poñer enriba da mesa datos demoledores da situación da muller, do papel que está desenvolvendo no seo da sociedade, que a crise económica non fixo máis que afondar.

Segue existindo unha enorme fenda entre os salarios de homes e mulleres. Os traballos máis precarios, soen ser reservados para as mulleres. Nos postos de responsabilidade, a preponderancia masculina, segue impoñéndose.

A convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres, para reivindicar a equidade de xénero, segue estando tan vixente como hai décadas. A militancia do BNG de Redondela, saíu a apoiar esta convocatoria, participando na manifestación que se levou a cabo en Vigo.

O BNG, volveu a movilizarse para apoiar a convocatorias nacionais, mais co compromiso de manter a loita pola igualdade de xénero, ao mesmo nível que a defensa do idioma, dos sectores productivos, ou de exixir o dereito á autodeterminación. No día a día, é onde evoluciona a sociedade. A muller, para o BNG, debe adquirir maiores cotas de protagonismo.

8 de marzo, unha data sinalada para continuarmos traballando pola igualdade plena.