Ana Miranda e Olaia Fernández, xunto a membros de coleitivos e do BNG, coñeceron as obras do Paseo.

Ana Miranda e Olaia Fernández, xunto a membros de coleitivos e do BNG, coñeceron as obras do Paseo.

Ambas as dúas deputadas van presentar diversas iniciativas no Congreso  dos Deputad@s, e ante a Unión Europea. Membros dos colectivos afectados, amosaron a súa preocupación polo futuro da Praia, e dos postos de traballo implicados.

“Matar a galiña dos ovos de ouro”, segundo palabras da europarlamentaria, Ana Miranda, ou “poñer en perigo máis de 130 postos de traballo”, segundo Olaia Fernández, foron as impresións máis destacadas que se levaron despois da visita á Praia de Cesantes.

Acompañadas por membros da Asemblea Local do BNG de Redondela, xunto a persoas da Confraría, da AA.VV. E da Plataforma en Defensa da Enseada, ambas as dúas parlamentarias coñeceron de primeira man o tremendo impacto que as obras do Paseo de Cesantes, estaban a supoñer.

Un Paseo, que segundo expresou o concelleiro Xoán Carlos González, “estaba consensuado con todo o mundo, que ía supoñer un mínimo impacto ambiental. Consenso rachado polo alcalde Javier Bas, actuar de xeito tan irresponsábel e de costas aos intereses colectivos, nun entorno privilexiado como a praia de Cesantes”.

Olaia Fernández Davila, destacou o negativo impacto que esta obra de varios centos de metros de longo, por máis de dous de alto vai supoñer para a Praia. “Unha praia que ademais de gozar dunha ubicación privilexiada, dá traballo a máis de 130 mariscadoras, e que potencialmente podería supoñer moitos máis postos de traballo, no caso de seren explotada racionalmente”.

Para Ana Miranda “os cartos cos que a Unión Europea invirte nos estados europeos, a traveso dos FEDER, non poden ser para isto. Non poden ser para agredir deste xeito a un espazo declarado LIC- Rede Natura 2000”.

Escoitaron atentamente ambas as dúas representantes do BNG, as manifestacións dos representantes de colectivos presentes. Todos coincidiron en que se sentiron enganados polo goberno de Javier Bas, “posto que acordouse que a actuación fora diferente do que aquí vivimos”. Algunhas das máis afectadas, como no caso das mariscadoras, totalmente abatidas, posto que vén perigar o seu futuro laboral.

Olaia Fernández Davila a interpelar polos permisos concedidos por Costas para esta obra, xunto ao estudio de impacto ambiental. Ana Miranda, pola súa banda, vai poñer en coñecemento da Comisión Europea esta obra, para que solicite ao goberno español toda a documentación necesaria. “Antes ou despois imos chegar ao fondo do asunto, se hai que volver a levantar os muros, así se fará, máis pediremos responsabilidades por empregar máis de 250.000€ da Unión Europea en levantar balados no propio areal da Praia de Cesantes”, declarou finalmente o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González.

DSC_0425

Ana Miranda e Olaia Fernández, xunto a membros de coleitivos e do BNG, coñeceron as obras do Paseo.