Apoio do BNG, á humanización na estrada do Galleiro

dav
Estrada do Galleiro. Vilar.

O pleno da corporación aprobou unha ampliación nos prazos do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra, para a humanización da “estrada do Galleiro”, en Vilar de Infesta, que expiraba o 31 de decembro. Ao aprobarse o proxecto de execución o pasado mes de outubro “non houbo tempo para rematar os trámites antes de final de ano”. 

Apoio do BNG, á humanización na estrada do Galleiro

Como xa vén sendo habitual, o Partido Popular, opúxose a estas obras de humanización, onde peóns e peoas, ciclistas e camiñantes do Camiño  Portugués, vai ver mellorada a seguridade viaria.

 

Desde o BNG, Xoán Carlos González, defendeu “o novo modelo” que contrapuxo “ás cacicadas do PP”, advertindo que na primeira fase o anterior goberno de Javier Bas “gastou todo o orzamento da obra para facer só unha parte”. Sinalou que este novo tramo será “máis seguro para os peóns xa que se reduce a velocidade do tráfico”. Recordou que cun orzamento de 1’2 millóns de euros, íase reformar, no ano 2013 toda a estrada. Daquela Louzán e Bas, dedicaron os cartos a levantar balados, que non ían no proxecto. Quedou sen executar un terzo da obra que agora se vai acometer.

 

Os traballos contan cun orzamento de 402.000 euros, financiados nun 70% pola Deputación e o 30% polo Concello. O tramo, duns 750 metros, contará cunha senda peonil ciclista que terá 2 metros de ancho, e a velocidade de circulación limítase a 30 Km/h. Instalaranse elementos redutores e pasos de peóns sobreelevados. Tamén se soterrarán os cables aéreos e instalarase un novo sistema de iluminación máis eficiente e ecolóxico.

 

Apoio do BNG, á humanización na estrada do Galleiro