O BNG, acusa ao PSOE, de “facer seguidismo” de Abel Caballero na xestión dos remanentes municipais.

O voceiro municipal Xoan Carlos González
O voceiro municipal Xoan Carlos González

Nunha moción defendida polos nacionalistas non Pleno redondelá, somentes contou co apoio de AER. O PSOE, abstívose mentres o PP votou en contra.

O BNG, acusa ao PSOE, de “facer seguidismo” de Abel Caballero na xestión dos remanentes municipais.

O remanente do Concello de Redondela, o “aforrado” pola institución municipal durante os últimos anos, aproxímase aos 3.000.000€. Tal como se acordou polo goberno do estado e o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Abel Caballero, os primeiros poden recibir estes cartos para volver a prestarllos aos segundos.

Dese xeito, permitirase que os concellos e entes provinciais poidan reinvestir os seus aforros en actuacións moi concretas.

Cómpre recordar que a Lei “Montoro”, e posteriores modificacións unicamente permiten a inversión deste remanente en amortización de débeda, ou inversións financeiramente sostíbeis, aquelas que teñen orzamento para un proxecto que se realice nos dous anos seguintes.

Esta contraditoria situación, na que os que aforran entregan os cartos, para que se lles cedan ditos fondos, foi denunciada na moción presentada polo BNG, no último Pleno do Concello de Redondela.

Segundo o voceiro municipal, Xoán Carlos González “defendemos que os concellos invistan cos seus aforros naquelas áreas, ou liñas de actuación que consideren máis necesarias tendo en conta a súa realidade”.

No debate o Partido Popular, decidiu votar en contra da proposta nacionalista, malia que agora puxeran en marcha unha Campaña para denunciar a postura do PSOE. Campaña, con claros fins partidistas.

Pola súa parte o PSOE, decidiu absterse, defendendo a postura de Abel Caballero, que co seu voto de calidade decantou a proposta da FEMP, a favor do goberno de Sánchez. Pola contra, no concello de Compostela, o PSOE, si que decidiu apoiar unha moción similar. Dende a organización nacionalista consideran que se fai “seguidismo da vontade de Abel Caballero, negando o evidente: a necesidade de reinvestir segundo a realidade de cada concello”.

Valoraron moi positivamente dende o BNG, o apoio de AER, “quen superaron o seu localismo, apoiando unha moción que reivindica maior peso para a xestión municipal”, rematan na súa nota dende a organización nacionalista.

O BNG, acusa ao PSOE, de “facer seguidismo” de Abel Caballero na xestión dos remanentes municipais.