O BNG afirma que o goberno local minte en canto á xestión económica.

O BNG afirma que o goberno local minte en canto á xestión económica.

“ Reduciuse o remanente de tesourería en 900.000€, e deixáronse de recadar preto de 2.000.000”.

As declaracións feitas durante estas semanas polo goberno de Javier Bas, son consideradas polo BNG como mero exercicio de cinismo político. “Este goberno minte descaradamente en canto á xestión económica, e non ten ningún pudor en manter estas mentiras”.

Refírese en concreto o Grupo Municipal, ao capítulo de recadación. Existe un desfase, de máis de 2.000.000 de euros, do que dixeron que ían recadar no 2013, e do realmente ingresado.

Segundo a concelleira de facenda os ingresos por imposto de vehículos serían de 1.660.000€, nembargantes os ingresos a 31 de decembro chegaron unicamente a 1.244.180€, o que supón un desfase de case 320.000€.

No correspondente ao IBI, Imposto de Ben Inmobles, as previsións da concelleira de Facenda, Ana Alonso, roldaban os 3.512.000€. A realidade é que chegaron a 3.024.000€ Un novo desfase de 490.000€.

En canto á taxa de recollida do lixo, asegurábase que se recadarían 850.000€, para que finalmente quedaran en 650.000€. Un desfase de 200.000€

Imposto de Actividades Económicas (IAE), previsión do goberno municipal de 430.000€, para quedar en 357.000€. Un novo desfase de 77.000€.

Licenzas urbanísticas. Previsións de Ana Alonso, 250.000€. Recadación real, 192.000€. Desfase: 58.000€.

Recadación por multas de tráfico. A concelleira de Facenda recollía unha previsión nos orzamentos de 2013 de 116.000€. A realidade é totalmente distinta, xa que somentes se chegou a 86.000€. Un desfase de 30.000€.

Estamos a falar, de tan só 5 dos tributos que acumulan un desfase, a respecto das previsións de ingreso de 1.248.000€. Na conta final do concello este desaxuste podería roldar os 2 millóns de euros.

 

Remanente de tesoureira

Consideramos igualmente alarmante dende a nosa organización o descenso en remanente  de tesoureira. “En marzo de 2102, primeiros meses do goberno de Javier Bas, existía un remanente de 1.900.000€. O remanente de 2014, queda en pouco máis 1.000.000. En menos de 2 anos reduciuse a capacidade de aforro do concello en 900.000 euros”.

Cae polo seu propio peso esa suposta capacidade na xestión económica do goberno de Javier Bas. “Trátase dunha política baseada en anuncios, adornada con grandes doses de propaganda”. Salientan dende a organización nacionalista que esta redución nos remanentes non viu acompañada en inversións que respostaran ás reais demandas sociais: servizos sociais, igualdade, saneamento, abastecemento de augas, creación e fomento do emprego, inversións nas parroquias.

A política do goberno do PP baséao en actuar de cara á galería. Crearon ese falso mito de que xestionan con capacidade cando se trata de todo o contrario. Reducen en inversións de primeira necesidade, para recrearse e darse “autobombo”.

 

Este desaxuste bota por terra toda a parafernalia coa que o goberno de Javier Bas adorna as súas intervencións relativas a gastos, e ingresos. Actualización de padróns, control dos ingresos, efectividade na recadación, etc, etc.

O que en realidade se demostra, é a incapacidade do goberno de Javier Bas por mellorar a recadación. Inflaron a previsión de ingresos, co único obxectivo de recadar apoios. O BNG non caeu na trampa. Apoiar por activa ou por pasiva os orzamentos do 2013 ou do 2014, serían darlle un aval a este desastre na xestión.

1521623_600211566695143_1962935907_n

O BNG afirma que o goberno local minte en canto á xestión económica.