O BNG aposta polo mantemento da venda de billetes na estación da Portela en Redondela.

Estacion de Redondela
Estacion de Redondela

Tras as últimas informacións verquidas en diversos medios de comunicación, sobre as intencións de ADIF da eliminación da venda de billetes na estación de A Portela (Redondela), dende ao Bloque Nacionalista Galego, apostamos polo mantemento da venda de billetes na estación da Portela

O BNG aposta polo mantemento da venda de billetes na estación da Portela en Redondela.

Rexeitamos frontalmente unha decisión tomada con premeditación e aleivosía, ao transmitir instrucións aos traballadores e responsábeis das estacións afectadas, de que non se facilitara ningún tipo de información á veciñanza, para evitar calquera intento de resposta social.

Os plans do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, van encamiñanadas ao desmantelamento dun medio de transporte público, que na comarca de Redondela ten futuro. Trátase dunha liña rendíbel, posto que a media mensual de expedición de billetes alcanza os 800 aos que habería que sumar os adquiridos vía telemática ou no propio tren.

Denunciamos dende o BNG, os pasos dados nos últimos anos dende o goberno central, baixo instrución emanadas polas directrices políticas tanto do PP como do PSOE.  A Xunta de Feijóo renunciou a demandar as competenzas en materia de transporte de viaxeir@s, e a crear un verdadeiro Tren de Cercanías para Galiza.

Consideramos que as intencións dos distintos gobernos centrais, tanto do PP como do PSOE, pretenden un desmantelamento do servizo para unha posterior privatización. Trátase así pois, dunha infraestrutura rendíbel económica e socialmente.

Apostamos por recuperar o papel central de Redondela, no Tren de Proximidade, no que as estacións de A Portela e Chapela, e os apeadoiros de Picota, Cesantes, deben desempeñar un papel central no movemento de persoas, no espazo urbano e periurbano máis poboado de Galiza. Debemos conservar e mesmo mellorar o referente que para concellos da nosa bisbarra, e entorno máis próximo exerce Redondela, no movemento de persoas vía transporte férreo.

Instamos á alcaldesa de Redondela, a manter xuntanzas de primeiro nivel con responsábeis do ministerio de Fomento, e responsábeis de ADIF, para evitar o desmantelamento da estación da Portela.

Desenvolveremos dende o BNG, toda unha xeira de iniciativas a nivel local e estatal, para non só manter a venda personalizada na estación da Portela, senón tamén en Chapela. Como noutras ocasións, consideramos que a presión social, veciñal asumirá un papel determinante no mantemento das estacións e apeadoiros de Redondela.

Apostamos polo Tren como un medio de transporte público, eficiente, rendíbel social e economicamente, que permita un movemento de pasaxeiros e pasaxeiras que reduza as altas taxas de contaminación.

Polo Futuro do Tren en Galiza e na bisbarra de Redondela!

O BNG aposta polo mantemento da venda de billetes na estación da Portela en Redondela.