O BNG, califica de “moi deficiente” a recollida de lixo en semana santa.

Desbordamentos de lixo.
Desbordamentos de lixo.
Instan ao Concello a estudiar posíbeis sancións á empresa URBASER, pola falla de recollida  de contedores nalgunhas zonas das parroquias de Redondela. “Nalgunhas  zonas transcorreron ata cinco días”, afirma o voceiro municipal Xoán Carlos González
O BNG, califica de “moi deficiente” a recollida de lixo en semana santa.


A falta de recollida de residuos sólidos urbanos durante os festivos de Semana Santa, supuxo que moitos contedores dalgunhas parroquias do Concello de Redondela, desbordaran por mor da acumulación do lixo. “Durante varios días a empresa non prestou o servizo, o que provocou que numerosos contedores, desbordaran ”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.


Recorda o edil, que segundo o contrato, a concesionaria comprometeuse a recoller alternativamente tres días á semana na denominada zona B. “ No caso de que houbera un día festivo, pasaríase ao seguinte día hábil. Isto afecta a numerosas parroquias de Redondela. Certificamos que nalgúns lugares de Saxamonde, Negros, Cabeiro, ou Reboreda non se cumpriu co acordado, pasando mesmo cinco días ata que se levou a cabo”.


Considera o voceiro do BNG, que se crea unha discriminación hacia parte dos veciños e veciñas das parroquiais, pois teñen que acumular os residuos durante catro ou cinco días, cando noutras zoas isto no sucede. “Parécenos moi ben que dende o goberno se recorde as obrigas da veciñanza na acumulación de enseres na rúa e posíbeis sancións, mais tamén deben recordarlle a URBASER, cales son os seus compromisos, e posíbeis repercusións económicas por non cumprir o acordado”.


Nun escrito presentado ao goberno municipal; dende o BNG demandan que se estudien posíbeis sancións, posto que se podería estar incorrendo en faltas graves. Outra cuestión que plantexan  que malia que as “directrices emanadas do estado de alarma, recollen que os contedores deben manterse coa tapa aberta para evitar o contacto físico e reducir as posibilidades de contaxio, non se está cumprindo”, remata na súa nota o edil nacionalista.

O BNG, califica de “moi deficiente” a recollida de lixo en semana santa.