O BNG considera que o conflito do transporte escolar en Cesantes, son froito dos recortes no ensino.

O BNG considera que o conflito do transporte escolar en Cesantes, son froito dos recortes no ensino.

Considera unha burla as declaracións do delegado territorial, pois xa era coñecedor da problemática ao inicio do curso.

O malestar creado pola problemática da impuntualidade do transporte escolar no colexio de Cesantes, non constitúe máis que un novo episodio do deterioro do ensino público en Redondela. Para o BNG, “non se trata de facer agora declaracións altisonantes por parte dos responsábeis de educación. Trátase de poñer cartos enriba da mesa para que haxa un servizo de transporte escolar de calidade”.

Dende a nosa organización lembramos que xa existiu unha xuntanza ao inicio de curso entre membros da comunidade educativa e responsábeis da Consellaría. Mais os continuos incumprimentos no horario do servizo de transporte acabou coa paciencia das familias e do profesorado.

O que se debe é dar solución ao problema, poñendo máis autobuses en funcionamento. “Tampouco se pode pretender que os condutores teñan que actuar de xeito temerario”

Apoio ás accións reivindicativas

Dende o BNG queremos amosar o noso total apoio á comunidade educativa do CEIP Cesantes por manter a calidade e dignidade do ensino público. O servizo de comedor e transporte escolar, como servizos complementarios, deben formar parte dun ensino público que o propio goberno galego pretende desmantelar.

“Os centros educativos de Redondela, están no punto de mira da Consellaría. Xunto á falla de compromiso co patio cuberto de Santa Mariña, a propia consellaría rexeitou arranxar o tellado do CEIP Quintela, ademais das evidentes carencias no servizo do transporte escolar como novo exemplo deste deterioro”.

“O goberno municipal está moi nervioso coa iniciativa da ANPA de recollida de sinaturas, que dende o Bloque Nacionalista Galego imos axudar a difundir”.

Finalmente comprometémonos a presentar unha moción no vindeiro Pleno da Corporación, no caso que a situación do transporte escolar en Cesantes non se solucione.

 

O BNG considera que o conflito do transporte escolar en Cesantes, son froito dos recortes no ensino.