O BNG, considera un “feito sen precedentes” o uso dun camión do concello por parte dunha empresa.

Camión do Concello de Redondela dando servizo a unha empresa de construcción.
O BNG, considera un “feito sen precedentes” o uso dun camión do concello por parte dunha empresa.

Durante dúas semanas, operarios dunha subcontrata do Concello, utilizaron o vello camión de bombeiros para a limpeza da vía pública.

Segundo o concelleiro do BNG, as obras de renovación das beirarrúas no Alto de Os Tras en Cesantes, están a piques de rematar, “mais nas últimas semanas, puidemos comprobar o que consideramos un feito sen precedentes: a utilización de maquinaria do Concello, para a realización de traballos por parte da empresa adxudicataria”, apunta.

A limpeza das beirarrúas, unha vez rematada a obra, debe corresponder directamente á empresa, tería que realizarse con vehículos da súa propiedade, “que é o normal”, segundo o Xoán Carlos González.

“O material do Concello unicamente pode ser utilizado por empregados e traballadores da administración local. Asistimos a un feito sen precedentes. O goberno de Javier Bas, presta maquinaria a empresas privadas”, argumenta o concelleiro do BNG.

Segundo o nacionalista “este caso pode ser considerado un trato de favor, cunha empresa que está realizando un traballo para o goberno municipal. Descoñecemos se a partires de agora, calquera empresa que desenvolve actividades ou tarefas para o Concello de Redondela vai poder botar man da maquinaria municipal”.

Por todo isto o concelleiro do BNG, presentou por rexistro do Concello unha xeira de preguntas dirixidas ao alcalde Javier Bas, para que aclare os motivos desta cuestión, e cales son as previsións do seu goberno sobre a cesión de maquinaria de titularidade municipal a empresas que traballen para o Concello de Redondela. “Consideramos dende o BNG, que se trata dun uso fraudulento e un trato de favor da maquinaria municipal, polo que imos estar moi pendentes de cal vai ser a dinámica nos vindeiros anos neste tema”, sinala finalmente Xoán Carlos González.

Entrada por rexistro de varias preguntas do BNG esixindo as oportunas explicacións.

Camión do Concello de Redondela dando servizo a unha empresa de construcción.

O BNG, considera un “feito sen precedentes” o uso dun camión do concello por parte dunha empresa.