O BNG considera fracasado o modelo de xestión do tráfico do goberno de Javier Bas.

O BNG considera fracasado o modelo de xestión do tráfico do goberno de Javier Bas.

Apostamos por pobos accesíbeis e para os cidadáns, non para o coche particular.

A raíz das últimas medidas tomadas polo goberno municipal de Redondela, a nosa organización considera de “auténtico fracaso” o modelo de xestión do tráfico. Carecen de vontade para tomar medidas que reduzan o uso de vehículos particulares e promocionen pobos accesíbeis para os cidadáns. “En contra da dinámica que se está a producir no resto de Europa, o goberno de Javier Bas aposta porque o tráfico se autoregule”, afirma o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González.

Os famosos aparcadoiros disuasorios, non causaron os efectos desexados, o entorno do Centro de Saúde de Redondela segue sendo un caos, nos aparcadoiros do Casco Antigo de Redondela, o uso regulado por tarxetas ou prazas para residentes, non cumpre co seu obxectivo inicial, simplemente porque non queren controlalo para evitar problemas.

O goberno municipal “sufre amnesia” en canto á privatización do aparcadoiro do Mercado de Redondela xa que hai un ano anunciaron que ía ser xestionado por unha empresa, e foi a presión veciñal a que lles fixo abandonar a idea orixinal”.

 

Modelos contrapostos

O modelo de pobos accesíbeis e para os cidadáns defendido polo BNG, é contraposto ao que postula o PP. Xoán Carlos González segue demandando “un   Plan de Mobilidade para todo o Concello,”. Rexeita igualmente a tendencia de  “limitarse a facer “anuncios sobre actuacións puntuais”.

Como modelo deste tipo de cidades e pobos pensados para os cidadáns , apuntamos á capital da provincia, recoñecida mesmo a nivel europeo. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participará o xoves 15 no Mitin do BNG, na Alameda de Redondela.