O BNG, demanda que se amplíen os criterios para fotocopias de carácter educativo.

Escrito dirixido ao Concello de Redondela
Escrito dirixido ao Concello de Redondela

Ante o anuncio do equipo de goberno de facilitar as copias de material escolar a aquel alumnado, que o demande, baixo a condición de que “se atenderan as solicitudes que procedan de familias que carezan de acceso a internet, e instrumentos de impresión”, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, dirixiu un escrito ao equipo de goberno.

O BNG, demanda que se amplíen os criterios para fotocopias de carácter educativo.

“Consideramos que non se cumpran uns requisitos equitativos para todo o alumando. Pártese dunha valoración errada, pois moito alumnado carece dunha boa conexión a internet, principalmente no ámbito do rural, nas parroquias de Redondela. Por isto consideramos que se debería abrir a posibilidade de que o Concello imprimira, en función da demanda, sen máis criterios.

Consideran dende o BNG, que non sería comprensible que os grupos políticos fixeran un abuso do uso da fotocopia do Concello, mentres se lles pon reparo ás familias nestes momentos tan complicados. Exemplifican en que o PP, de xullo a decembro fixo máis de 5.000 fotocopias, e AER, cerca de 900.

Consideran dende a organización nacionalista que novamente teñen que ser os concellos que lle resolva a papeleta a Xunta. “A irresponsabilidade do goberno Feijóo, a falla de sensibilidade cara ao alumnado e ao profesorado, leva a que haxa que poñer en marcha medidas urxentes, polo que terá que compensar no futuro ese esforzo dos concellos”, sinala o edil do BNG.

O BNG, demanda que se amplíen os criterios para fotocopias de carácter educativo.