O BNG demanda que o Concello organice cursos fitosanitarios.

O BNG demanda que o Concello organice cursos fitosanitarios.

Consideran que se debe facilitar aos pequenos agricultores, como si se fixeron en concellos da bisbarra.

A normativa da Xunta, obriga a posuír un cartón de manipulador de productos fitosanitarios a todas aquelas persoas que queiran traballar as suas leiras ou hortas. Moitos veciños, están a coñecer agora a norma destes permisos para adquirir e aplicar calquera tipo de tratamanto no campo.

“Ao contrario doutros concellos, Redondela non planificou ningún tipo de curso, por iso, dende o BNG, demandamos que realice as xestións, para que os cursos para a obtención de cartóns para a manipulación de productos fotosanitarios nas parroquias do Concello”, propón o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González. En Redondela, como noutros concellos galegos, mantense a tradición de posuír pequenas hortas ou propiedades de carácter rural, para poder producir viño de autoconsumo, ou productos hortofrutícolas, co que son un importante número de persoas as afectadas por esta situación.

“Atopámonos ante unha nova falla de planificación do goberno de Javier Bas. Eran coñecedores desta normativa, aprobada polo seu propio partido, mais deixaron de lado aos veciños afectados”, afirma o concelleiro do BNG

Xoán Carlos González denuncia que “o culme de despropósitos, producíuse hai poucos días. Ante a elevada demanda para o curso de adquisición dos títulos de manipuladores, un grupo de veciños, víuse obrigado a desprazarse ata León, para poder conseguilo nunha única xornada. Trátase dun agravio comparativo desta xente cos veciños de concellos cercanos”.

“Parécenos unha falla de interese por parte do goberno de Javier Bas, que estos veciños tiveran que gastar 130€, para desprazarse mesmo fóra de Galiza, cando en concellos veciños xa hai varios meses que se levan organizados”. Na súa nota o concelleiro nacionalista, exixe unha solución inmediata a esta problemática, organizando os cursos no menor tempo posíbel.

O BNG demanda que o Concello organice cursos fitosanitarios.