O BNG denuncia o nulo control que o goberno de Javier Bas exerce sobre as empresas concesionarias.

O BNG denuncia o nulo control que o goberno de Javier Bas exerce sobre as empresas concesionarias.

O Concello ten a obriga   de supervisar e controlar a actividade das empresas concesionarias dos servizos públicos para que os presten dacordo co prego de condicións que rexiron a súa concesión e garantizar un servizo de calidade.

Para facer máis efectivo a supervisión e control destas empresas creouse  a Comisión de Seguimento dos Servizos Privatizados que  leva meses sen convocarse .

En días pasados tivemos coñecemento de que a empresa concesionaria da recollida do lixo estaba colocando en Redondela contedores que prestaban servizo noutro concello que se reutilizan previo” un lavado de cara”. Tamén están a utilizar diversa maquinaria que ten  a mesma orixe , algo que supón unha práctica fraudulenta por parte da devandita empresa.

Cecilia Pérez Orge, en calidade de concelleira do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego solicita a contestación, por escrito,  ás seguintes cuestións:

Sr Alcalde  ten vostede coñecemento destas prácticas  por parte da empresa Urbaser?

En caso afirmativo, qué accións puxo  en marcha por este feito?

En caso negativo, qué medidas pensa vostede levar a cabo?

REDONDELA 2 DE XULLO DE 2014

O BNG denuncia o nulo control que o goberno de Javier Bas exerce sobre as empresas que xestionan servizos públicos.

(Pasada xa unha semana dende que se presentou esta solicitude ainda non tivemos ningún tipo de resposta.

Está claro que para o Sr alcalde non é unha prioridade controlar e supervisar ás empresas que xestionan servizos municipais.)

O BNG denuncia o nulo control que o goberno de Javier Bas exerce sobre as empresas concesionarias.