O BNG desenvolve unha Campaña Informativa sobre a Ordeanza Preventiva de Risco de Exclusión Social.

O BNG desenvolve unha Campaña Informativa sobre a Ordeanza Preventiva de Risco de Exclusión Social.

“Consideramos escandaloso que se orzamenten 60.000€, e únicamente se gaste a metade, tendo en conta as dificultades económicas que atravesan moitas familias en Redondela”, afirma o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González.

Hai tres anos, o concello de Redondela dotouse, co apoio de todos os grupos, da ordeanza de Prevención de Risco de Exclusión Social. “Pretendíase deste xeito, regular as condicións para que aqueles veciños e veciñas que estiveran a sufrir con maior incidencia a crise económica, contaran con respaldo ecónomico municipal”.

Despois de tres anos dende que se aprobara, dende a organización nacionalista, consideran que non se deron os pasos axeitados. “Anualmente se orzamentan 60.000€, dos que únicamente a metade chegan a efectivizarse. Claramente non se está a cumplir a finalidade desta ordeanza”, afirma o concelleiro do BNG. “Achacámoslle esta situación a que dende o goberno de Javier Bas, non se lle tén dado a difusión necesaria. Nós temos demandado que se realicen campañas informativas para que toda a poboación coñeza da mesma”.

A ordeanza de Prevención de Risco de Exclusión Social, recolle a posibilidade de axudar económicamente, a gastos de carácter xeral, pagamento de varias mensualidades de aluguer ou de hipotecas, para evitar desafiuzamentos, ou para adaptación de vivenda habitual en determinadas casuísticas.

Finalmente dende o BNG decidíuse desenvolver unha Campaña Informativa para que os posíbeis beneficiarios e beneficiarias, poidan coñecer e exercer os seus dereitos. “Son cartos de todos, que si están á disposición daquelas persoas coas que máis se está a cebar a crise, o qu esucede é que para solicitalas, tamén cómpre coñecelas”, rematan na súa nota.

O BNG desenvolve unha Campaña Informativa sobre a Ordeanza Preventiva de Risco de Exclusión Social.