O BNG, a favor dunha maior presenza veciñal na Comisión de Seguimento de Obras da AP-9

O BNG, a favor dunha maior presenza veciñal na Comisión de Seguimento de Obras da AP-9

Ante a convocatoria de constitución da Comisión, Xoán Carlos González, defende que debe garantirse a presenza da AA.VV de Chapela e de Trasmañó. Considera que “por mor da envergadura e do impacto da obra, a presenza dos representantes veciñais, debe ser un dos piares para lexitimala”.

A xuntanza para a Constitución da Comisión, está prevista para o luns 4, no Multiusos de Chapela. A información que manexa o BNG, recolle que formarán parte da mesma representantes das forzas políticas, do equipo de goberno, de Audasa, Fomento, e da Comisión de Afectad@s. Non haberá, por tanto,  membros das AA.VV. das  dúas  parroquias que se van ver máis afectadas pola obra: Trasmañó e Chapela.

Para o concelleiro nacionalista, “trátase dunha eiva importante, posto que os e as  representantes veciñais destas parroquias deberían ter unha presenza destacada”. Recorda que no debate plenario, no que se acordou constituír dita Comisión, o BNG defendeu que se prantexara primeiro nas parroquias. “Van ser os veciños e veciñas de Tramañó e Chapela quen van a sufrir máis directamente o negativo impacto das obras”, afirma.

Con tal motivo, dende o BNG, remitimos un escrito ao alcalde, Javier Bas, para que recolla a posibilidade de incluír entre os membros da Comisión de Seguimento, de representantes veciñais. Consideran que “aínda se está a tempo para solventar esta situación”.

Segundo Xoán Carlos González, “debemos lexitimar a Comisión polo que as asociacións de veciñ@s, teñen que estar presente. Carece de  toda lóxica que un instrumento para o control da obra, que para nós debe ter un eminente carácter veciñal, non garanta a presenza das AA.VV. De Trasmañó e Chapela”.

O BNG, a favor dunha maior presenza veciñal na Comisión de Seguimento de Obras da AP-9