O BNG logra o apoio do Pleno para a eliminación do tendido de alta tensión en Monte Penide.

Visita do concelleiro X. Carlos González ao entorno de Monte Penide.
O BNG logra o apoio do Pleno para a eliminación do tendido de alta tensión en Monte Penide.

Na moción defendida polo concelleiro Xoán Carlos González recollíanse dous puntos claramente definidos:

1. Que o alcalde-presidente do Concello de Redondela inicie conversas con representantes da Consellaría de Cultura e coa Consellaría de Industria para que se cre unha partida para o soterramento das liñas aéreas de media e alta tensión na Área Arqueolóxica de Monte Penide-Monte Mirallo.

2.  Que o alcalde-presidente do Concello de Redondela inicie conversas cos responsábeis zonais da empresa Gas Natural-Fenosa, para que dita empresa colabore no soterramento das liñas aéreas de media e alta tensión.

Esta iniciativa foi positivamente valorada por todas as forzas políticas con presenza na Corporación.

Para o BNG constitúe un paso adiante nas súas pretensións de que “estes tendidos de efecto tan negativo para o entorno de Monte Penide, sexan eliminados. Con este obxectivo presentouse unha emenda aos orzamentos da Xunta, que foron rexeitados polo  goberno de Feijóo”.

Dende a organización nacionalista recoñecen a valía do importante traballo de catalogación e divulgación que dende asociacións, institucións e comunidades de montes se ten desenvolvido  nestes meses.

Segundo expuxo na súa intervención o concelleiro nacionalista, “existe unha débeda de Unión Fenosa cos veciños e veciñas de Redondela, e co noso patrimonio cultural, por iso debe conseguirse a implicación da mesma na recuperación de Monte Penide”.

Finalmente salientamos o apoio de tódolos grupos políticos a esta moción presentada polo Grupo Municipal do BNG.

Quérese destacar finalmente, que farase un seguimento das conversas “iniciadas polo alcalde Javier Bas”, con técnicos da Consellaría de Industria e Cultura, para que se acade o obxectivo dunha recuperación integral de Monte Penide-Monte Mirallo.

Visita do concelleiro X. Carlos González ao entorno de Monte Penide.

O BNG logra o apoio do Pleno para a eliminación do tendido de alta tensión en Monte Penide.