O BNG mantén un encontro coa AA.VV. De Chapela, para tratar a situación do Pantalán.

O BNG mantén un encontro coa AA.VV. De Chapela, para tratar a situación do Pantalán.

Na xuntanza tratouse a iniciativa de aproveitar o cambio de concesión, para ampliar o número de atraques. A organización nacionalista, comprometeuse a facilitar toda a información que manexa aos representantes veciñais.

A finais de decembro de 2014  a Autoridade Portuaria de Vigo, anunciaba no Boletín Oficial do Estado, a solicitude de concesión administrativa, presentada polo Círculo Recreativo de Chapela. O obxecto da mesma centrábase nos pantaláns flotantes para o amarre de embarcacións menores e deportivas.

O responsábel local do BNG, Xavier Balsas puxo en coñecemento dos representantes veciñais a información extraída da revisión do expediente na sé da Autoridade Portuaria. Nun principio, a proposta recolle a ampliación dunhas vinte novas prazas de atraque.

Pola súa banda, a presidenta da AA.VV. De Chapela, amosoulles aos membro do BNG, a súa preocupación, porque este cambio na concesión administrativa, puidera supoñer un aumento na superficie a ocupar. Facilitoulles, a alegación presentada para evitar esta hipótese, posto que sería unha privatización dunha parte do medio mariño da parroquia.

Os representantes nacionalistas comprometéronse a facer seguimento desta problemática, e estudar a presentación de diversas iniciativas.

O BNG mantén un encontro coa AA.VV. De Chapela, para tratar a situación do Pantalán.