O BNG, non apoia a presenza en Radio Redondela, de quen “secuestrou” o facebook do Concello.

Entre os asuntos do Pleno Ordinario de decembro, incluíase a aprobación da presidencia e membros do Consello de Administración de Radio Redondela. 
O BNG, non apoia a presenza en Radio Redondela, de quen “secuestrou” o facebook do Concello.

Cada grupo político presentou a súas propostas en función dos resultados eleitorais municipais: catro o PP, tres o PSOE, un AER, un BNG. No debate e votación o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, valorou a presenza entre as propostas do Partido Popular de quen fora secretaria do exalcalde Javier Bas. Ademáis doutras funcións, asumíu a responsabilidade do facebook do Concello de Redondela. Co cambio de goberno, quedouse coas claves do mesmo imposibilitando que se puidera empregar ata a actualidade, con normalidade.

Argumentou o edil nacionalista, que “o secuestro do facebook do Concello, inhabilitaba a esta persoa a formar parte dun órgano de representación democrática, como o Consello de Administración de Radio Redondela”. Manexaron os mesmos argumentos o voceiro e voceira de PSOE e AER.

Non lle sentou nada ben á voceira do Partido Popular, Mari Carme Amoedo, que dende o BNG, se cuestionase a presenza desta persoa. Nun talante ameazante e revanchista, defendeu á súa compañeira. Tanto neste punto como no debate dalgunha moción, puxo enriba da mesa que AER tomara parte en 2015 na selección de persoal  encargado da páxina de transparenza.

Mentras que AER, PSOE e PP, votaron a favor da proposta, Xoán Carlos González, defendeu a abstención do seu grupo, “pois mentras o resto das propostas nos parecen respetábeis, non podemos apoiar a presenza de alguén que se quedou co facebook do Concello de Redondela”. Radio Redondela botou a andar da man do BNG, como un instrumento para dar voz á veciñanza, como un instrumento de participación cidadá, achegando as novas aos e ás redondelás.

O BNG, non apoia a presenza en Radio Redondela, de quen “secuestrou” o facebook do Concello.