NUN CONFLITO LABORAL QUE XA VAI POLA SEXTA SEMANA, OS E AS NACIONALISTAS DEMANDA APOIOS DOS GRUPOS POLÍTICOS, COA DE PRESIONAR Á XUNTA PARA CHEGAR A UN ACORDO.

O BNG, pide ao Pleno de Redondela o apoio á Folga da Xustiza.

30124178_958094187674534_1194969583374487245_n
30124178_958094187674534_1194969583374487245_n

“Trátase dun servizo desbordado, e moi deteriorado pola administración galega”, afirman.

Por medio da moción presentada no Pleno de Redondela, dende o BNG solicitan o apoio ás mobilizacións e folga da xustiza. Uns 2.500 traballadores e traballadoras, levan xa seis semanas reclamando melloras na institución de xustiza que beneficien ao conxunto da cidadanía.

No corpo da moción, que será defendida polo concelleiro Xoán Carlos González, recóllense as demandas destes empregados públicos, que sobordan as subas salariais. En concreto refírese a consolidación de postos de traballo con máis de tres anos na mesma praza; a reposición de máis de 100 prazas amortizadas nos últimos anos; a retirada dos descontos en caso de Incapacidade Temporal; ou a compensación económica no caso de que se cubran postos de maior categoría.

“Lonxe de tratarse dunha folga unicamente por demandas de aumento salarial, tal como pretende facer crer o presidente da Xunta, para desprestixiar esta medida extrema, trátase dunha demanda para mellorar a Xustiza en Galiza”, afirma o concelleiro nacionalista. Recorda que estes traballadores e traballadoras, despois de meses de negociacións “tiveron que facer uso do seu lexítimo dereito á folga, como medida extrema. Recorda que durante todas estas semanas estes empregados e empregadas públicas, no van cobrar, o que demostra que se trata dunha aposta valente e exemplar”.

Por medio da moción, dende o BNG preténdese que ademais de apoiar e poñer en valor unha “lexítima loita laboral”, forzar a que a Xunta de Galiza escoite as lexítimas reivindicacións dos traballadores e traballadoras, “apostando por un servizo público e de calidade, que permita unha atención de calidade ao conxunto dos veciños e veciñas”, rematan na súa nota.

O BNG, pide ao Pleno de Redondela o apoio á Folga da Xustiza.
O BNG, pide ao Pleno de Redondela o apoio á Folga da Xustiza.