O BNG prantexa ao goberno galego orzamentos para restaurar o Cargadoiro de Rande.

Cargadoiro Rande
Cargadoiro Rande

A partida, de 300.000€ pretende implicar ao goberno do Estado e á mesma Autoridade Portuaria, para elaborar un convenio entre diferentes administracións co obxectivo de poñer en valor este ben patrimonial”, afirman dende a organización nacionalista.

O BNG prantexa ao goberno galego orzamentos para restaurar o Cargadoiro de Rande.

A aprobación dos Orzamentos da Xunta para o ano 2020, serviu de argumento á Asemblea Local do BNG de Redondela, para a presentación de varias emendas. Mellora da seguridade viaria da estrada que enlaza Redondela con Pazos de Borbén, ao seu paso por Reboreda; Pivotaxe do Peirao de Cesantes; Mellora da Seguridade Viaria no entorno do CEIP Outeiro das Penas, formaban parte do paquete de iniciativas dos nacionalistas. Entre elas destacaba, unha partida de 300.000€ para a recuperación do Cargadoiro de Mineral “Coto Wagner” en Rande.

O Cargadoiro construíuse a mediados dos anos 60 para Minerosiderúrxica de Ponferrada, que despois de varias décadas converteuse nun destacado elemento do patrimonio industrial do entorno do Estreito. O abandono ao que as diferentes administracións someteron a esta estrutura de ferro, xunto ao interese do actual presidente da Autoridade Portuaria por derrubalo, moveron á Asemblea do BNG, a presentar a proposta de recuperación.

“Existe un interese de movementos culturais e sociais, ademais de veciñanza en xeral por conservar tamén este elemento industrial. Cómpre vontade política, e colaboración polo que débense dar pasos con partidas orzamentarias”, apuntan dende a organización nacionalista. Recordan igualmente como “diversas mocións e propostas aprobadas polo Pleno de Redondela iban nesa liña”.

Recentemente constituíse a asociación ARPE (Asociación Rande Proxecto Europeo), que “pretende conseguir a distinción de Patrimonio Cultural Europeo, de toda esta parte do Concello de Redondela”.

A recuperación do Cargadoiro necesita de financiamento por parte de diversas administracións, tanto europeas, estatais como galegas. O goberno galego debe dar os primeiros pasos, posto que o patrimonio cultural, dunha maneira ou doutra depende da Xunta, “de aí a iniciativa que presentamos para os orzamentos do ano 2020”, rematan na súa nota dende a Asemblea Local do BNG.