O BNG, recorda a “neglixente” xestión do PP, nos terreos ocupados polo AVE.

Xoan Carlos visita terreos AVE
Visita do voceiro do BNG aos terreos ocupado polas obras do AVE.

“Renunciaron a converter o Val do Maceiras nun referente de recuperación medioambiental e de produción de mazá”. “Algúns veciñ@s de Quintela, non recibiron integramente as súas parcelas”, afirman.

O BNG, recorda a “neglixente” xestión do PP, nos terreos ocupados polo AVE.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González sae ao paso das declaracións verquidas polo Partido Popular, en canto á xestión de diversos Proxectos algún deles nos terreos afectados pola liña do Eixo Atlántico de Alta Velocidade . “Enmarcamos estas declaracións no revanchismo político ao que xa nos ten acostumados o PP. Os e a súa responsábeis políticos non están á altura do que lle exixen os e as súas votantes”, afirma o edil nacionalista.

Recorda Xoán Carlos González, como o goberno de Javier Bas, evitou negociar con Fomento, “como compensación ás afeccións nos terreos do Val do Maceiras, convertendo  este espazo singular, en referente de recuperación medioambiental”. Refírese ao anteproxecto, que no seu día se elaborou co fin de poñer en valor hectáreas ocupadas para a construción do túnel que chega a Estación de Urzáiz. Na proposta, recollíase unha Senda Verde que enlazaba o Val co casco urbano de Redondela recuperando flora e fauna autóctona, ademais de fomentar a produción de mazá na zoa de Negros.

Segundo o edil do BNG, “foi a neglixente xestión dos gobernos do PP, o que frustrou a posibilidade de converter o Val do Maceiras nun símbolo de recuperación medioambiental, referente para toda a nosa bisbarra. Pola contra, numerosas propiedades quedaron case improdutivas, e a construción de parte da Senda Verde, financiouse con fondos outras administracións, cando debería ser Fomento e ADIF, quen compensaran a Redondela”.

En canto ás reclamacións na parroquia de Quintela, segundo o edil nacionalista “existen reclamacións pendentes dende o ano 2015, de afectad@s, aos que non se lles devolveu integramente as fincas ocupadas. Segundo relatan, deixaron de tramitar as denuncias a traveso do xulgado porque se fiaron da palabra do anterior alcalde de Redondela de que ían a ser compensados, cuestión que non sucedeu ata o de agora”.

O BNG, recorda a “neglixente” xestión do PP, nos terreos ocupados polo AVE.