O BNG de Redondela demanda que o concello apoie as librarías polo “Día das Letras Galegas”

Jéssica García, concelleira do BNG.
Jéssica García, concelleira do BNG.

A celebración en todo o País do Día das Letras Galegas, adicado no 2020 a RicardoCarvalho Calero, tamén está a padecer a epidemia do COVID-19.

 

O BNG de Redondela demanda que o concello apoie as librarías polo “Día das Letras Galegas”

 O sector editorial, e as librarías que nestes días aumentaban as súas vendas, atravesan un difícil momento como ningún outro. Dende o BNG de Redondela, apostan decididamente por aproveitar esta data “para axudar a reactivar as vendas, demandando que o Concello de Redondela, realice unha compra negociada coas diferentes librarías”.

Ricardo Carvalho Calero, enmárcase na corrente dos literatos que consideran que galego e portugués, constitúen a mesma lingua. “Redondela goza dunha situación de privilexio ao ser atravesada polo Camiño Portugués, por onde circulan anualmente miles de cidadáns doutro lado da Raia. Cómpre converter esta celebración nunha oportunidade para estreitar lazos culturais, sociais e económicos”, recordan.

Segundo a concelleira nacionalista, Jessica García “agora é o momento de incentivar a inversión de fondos públicos nas actividades locais. Ante o abandono do sector do libro pola Xunta de Galiza, e a renuncia a fomentar a figura de Carvalho, a responsabilidade volve recaer nos Concellos”. Por todo isto expón como unha medida recollida entre as propostas que dende o BNG, presentaron á Mesa de Reactivación Económica Municipal, “que o Concello negocie coas librerías municipais a adquisición de literatura en galego, para distribuír entre o alumnado dos centros públicos”.

Afirma a concelleira do BNG que “non estamos unicamente expoñendo unha alternativa para colaborar coas librarías, tamén estamos falando de cultura, e en galego, tan ameazada polas políticas hostís do goberno de Feijóo”. Finalmente fai un chamamento ao conxunto da veciñanza a envorcarse coas librerías de Redondela, adquirindo literatura en galego, especialmente nestas datas.

O BNG de Redondela demanda que o concello apoie as librarías polo “Día das Letras Galegas”