O BNG de Redondela esixe a reapertura do Skatepark

Hai unhas semanas o goberno municipal decidía pechar o Skatepark “ante o aumento de casos detectados da COVID-19 que estamos a sufrir”. A única nova medida que se tomou polo aumento de casos foi o peche deste espazo da que son usuarios e usuarias  rapazas novas.

O BNG de Redondela esixe a reapertura do Skatepark

Dende o BNG entendemos que o  Skatepark é un lugar onde se pode facer deporte individual ao aire libre, e polo tanto consideramos que é dos espazos máis seguros e recomendables nestes momentos. Ademais, nunha situación de pandemia coma esta, as institucións deben dar vías de ocio seguro á nosa mocidade, e neste caso, o Skatepark é dos poucos espazos gratuítos, deportivos e de ocio ao que a xuventude de Redondela ten acceso. As mozas e mozos de Redondela asumen tódolos días nos centros de ensino as súas responsabilidades individuais e colectivas para amainar a propagación  do virus, polo que precisan de espazos ao aire libre para desenvolver a súa actividade social igual que as persoas adultas.

 

O BNG de Redondela entende que “se está responsabilizando á mocidade dos contaxios da COVID-19, primeiro coas 19 sancións a usuarios e usuarias do Skatepark do mes de setembro e agora pechando unicamente este espazo en todo o Concello”.

 

A concelleira Jessica García demandou información por escrito para que o goberno de Digna Rivas explique en base a que datos concretos tomaron a decisión de pechar unicamente este espazo de ocio urbano.

O BNG de Redondela esixe a reapertura do Skatepark