O BNG de Redondela pide explicacións do parque biosaudábel de Vilavella

O BNG de Redondela pide explicacións do parque biosaudábel de Vilavella

A mediados do mes de febreiro a concellaría de Medio Ambiente procedeu á retirada do parque biosaudábel ubicado na zona do Salgueiral, en Vilavella.

Dotado de once aparellos onde se podían realizar actividades complementarias do que se coñece como “avellentamento saudábel”,dito parque fora un dos primeiros en instalarse en toda a provincia de Pontevedra.

Ademáis de tratarse dun espazo dotado con mecanismos homologados, e con mesmo indicacións para realizar os exercicios racionalmente, tratábase dun punto de encontro para os usuarios, principalmente persoas maiores. Dende o BNG, xa criticamos que o levantamento do parque biosaudábel fora unha iniciativa sen ningún tipo de criterio.

Nas declaracións feitas polo concelleiro, afirmaba que estaban estudiando unha mellor ubicación do Parque.

Xoán Carlos González Campo, en calidade de concelleiro do GM do BNG, ao abeiro do art. 20 do Regulamento Orgánico do Concello, presenta as seguintes preguntas, para ser respostadas en Pleno polo concelleiro de Medio Ambiente:

¿Cales foron os motivos que lle levaron ao levantamento do parque biosaudábel en Vilavella? ¿Cal vai ser a nova ubicación de dito parque? ¿Está estudiando o concelleiro de Medio Ambente a posibilidade dunha reubicación dos outros dous parques existentes no Concello?

O BNG de Redondela pide explicacións do parque biosaudábel de Vilavella