O BNG de Redondela pide información sobre a partida para Monte Penide.

O BNG de Redondela pide información sobre a partida para Monte Penide.

No proceso de estudo dos orzamentos do 2014, que finalmente contou co apoio, por abstención, do PSOE, había unha serie de cuestións que chamaron a atención do BNG. Unha delas refírese á partida correspondente ao mantemento de Monte Mirallo.

Cunha dotación de 30.000€, botouse a andar o proxecto museístico no 2013, que ademais da difusión do conxunto megalítico e do Castro de Negros, supuxo unha sinalización de mámoas, petróglifos, sendas e varios roteiros.

Sorprende ao Grupo Municipal a falla de financiamento, para cando menos, facer un mantemento mínimo de Monte Penide. Consideran que a posta en valor do espazo, debe perpetuarse no tempo, e que un orzamento básico debe quedar reflectido nos orzamentos do 2014.

Por estes motivos, Xoán Carlos González, presentou por rexistro unha pregunta para que se lle facilitara información sobre as intencións do goberno municipal para o mantemento de Monte Penide.

Visita do concelleiro X. Carlos González ao entorno de Monte Penide.