O BNG de Redondela, pide información sobre a reparación da rampa na Praia

O BNG de Redondela, pide información sobre a reparación da rampa na Praia

Ante o inminente inicio das obras de reparación do acceso á Praia na zoa da Mariña, o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, solicita total transparencia e información do goberno de Javier Bas.

No escrito presentado, pretende o concelleiro do BNG que se lle facilite o Proxecto. Ante a posibilidade real de que se leve a cabo unha obra que volva a supoñer un negativo impacto no areal, cómpre manexar toda a información. Segundo o concelleiro nacionalista “non estamos dispostos a que se degrade, unha vez máis este entorno tan sensíbel do noso medio natural, espazo de lecer máis tamén de explotación mariña”, afirma.

No mesmo escrito, o concelleiro nacionalista solicita a urxente convocatoria do Consello Parroquial de Cesantes, para que se dea a máxima información de todo o que se vai facer.

“Xa descartamos que se convoque xuntanza da concellaría do mar, pois non se trata máis que dunha concellería pantasma, que unicamente serviu para que un membro do goberno de Javier Bas tivera algún título, e deste xeito xustificar os 18.000€ que gana”, remata na súa nota Xoán Carlos González