O BNG de Redondela pide que Javier Bas, cese á concelleira de ensino.

O BNG de Redondela pide que Javier Bas, cese á concelleira de ensino.

A solicitude faise nunha moción asinada polo concelleiro nacionalista, que será debatida na sesión plenaria do mes de maio.

A problemática das subvencións ás ANPAs, aínda segue de actualidade. Malia que hai xa varias semanas que as directivas denunciaron publicamente, que non se lles aboaran as axudas para actividades do curso 14/15, nin se convocaran as bases das do presente ano, mantense a súa preocupación.

“No BNG, estudamos todos os datos que manexabamos, non só as denuncias das ANPAs, senón o acontecido coa concellaría nos últimos anos”, declara Xoán Carlos González. Considera que dende que o Partido Popular fíxose co goberno municipal en Redondela, deteriorouse paseniñamente o apoio ás directivas.

No texto da moción, recordan o importante papel desenvolvido polas ANPAs, tanto as directivas, como o resto de membros, na mellora do sistema educativo, impartido en Redondela. “Non só demandando da administración recursos, senón comprometéndose e traballando arreo ao poñer en marcha todo tipo de actividades extraescolares para os rapaces e rapazas. Isto supón que se debe facilitar, e non obstaculizar o seu labor”, afirma o concelleiro.

Repasa como nos últimos anos, as convocatorias de subvencións, sempre téñense convocado con moito retraso. “Javier Bas, e Teresa París, concelleira de ensino, sempre se escudaron nos técnicos municipais, principalmente á hora de efectivizar os pagos con importantes retrasos”, segundo palabras do concelleiro nacionalista.

“O máis escandaloso da situación: que pasado o curso 14/15, aínda non recibiran as axudas das actividades. Igualmente existen problemas coas subvencións de comedores, e as axudas de servizos sociais. Vendo a gravidade da situación, no BNG acordamos presentar unha moción na que se insta a que o alcalde de Redondela cese en funcións á concelleira de ensino Teresa París”, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.

.