Para o BNG de Redondela, Urbaser ningunea ao goberno municipal.

IMG-20200412-WA0017

As recentes declaracións do concelleiro de medio ambiente, Roberto Villar, sobre incumprimentos na recollida do lixo confirman o xa denunciado polo BNG hai meses. Rexeitan, que se pretenda eludir responsabilidades, verquendo acusacións sobre o mal uso dos contedores por parte da veciñanza.

Para o BNG de Redondela, Urbaser ningunea ao goberno municipal.

Tras as denuncias nos últimos días por parte dos traballadores de que a empresa incumpre na recollida de lixo, principalmente nas parroquias onde se realiza nos días alternos, o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González,  entende que se confirma o xa denunciado polo BNG na pasada Semana Santa. “Entendiamos que se estaba a incumprir o asinado entre Urbaser e Concello. Un dos puntos de mellora establecía claramente a recollida nos días hábiles seguintes aos festivos”.

Sae ao paso das declaracións dos responsábeis municipais, “nas que se recoñe que dende marzo estase traballando no expediente a Urbaser. No seu momento, dende o BNG exiximos que se fixera seguimento e sancionara. Daquela, igual que agora consideramos que a empresa ningunea ao goberno municipal”, afirma.

Recorda que a Comisión de Seguimento de Servizos Privatizados, onde representantes de colectivos e forzas políticas teñen representación, non se reuniu nos 18 meses do goberno de Digna Rivas. “Este debería ser o foro onde se facilitara toda a información sobre este problema, e non vía medios de comunicación”, afirma.

Entende que para conseguir a complicidade veciñal na xestión do lixo, os responsábeis municipais non se poden agochar en situacións puntuais, como os festivos do Nadal, “Rexeitamos as afirmacións do edil de medio ambiente, na que responsabiliza á veciñanza do mal uso dos contedores, cando hai fins de semana, ou días hábiles nos que se reitera a falta de recollida  en  zoas de Saxamonde, Quintela, Negros, ou A Quintana en Reboreda”.

Entende que os primeiros prexudicados son os veciños e veciñas, que teñen dereito a que se recollan e manteñan os contedores,  segundo o acordado entre empresa e Concello”. “Dende o BNG, continuaremos a facer seguimento sobre incumprimentos de Urbaser, co fin de que se expediente e mellore o servizo que debe prestar á veciñanza”, remata na súa nota o voceiro nacionalista.

Para o BNG de Redondela, Urbaser ningunea ao goberno municipal.