O BNG reúnese coa afectad@s polo novo vial en Eidos.

O BNG reúnese coa afectad@s polo novo vial en Eidos.

O trazado dunha estrada nacional que levaría 30.000 vehículos ao día, por Quintela, Reboreda e Eidos, está a crear enorme preocupación e inquedanza entre a veciñanza. O BNG, mantivo nos últimos días varios encontros coa afectad@s para expoñerlle e aclararlles de onde xorde esta proposta que se recolle no borrador do Plan Xeral.

Dende os arredores do Convento de Vilavella, trázase unha nova estrada ata a saída do túnel do AVE en Quintela, que percorrendo o barrio de Eidos, vai paralelo ata á liña férrea, practicamente ata A Pantalla. Unha alternativa cunha enorme afección medioambiental, que satura unha parte do concello moi castigada, ademais de hipotecar o futuro de moitas familias.

As persoas, que a título individual e colectivo, se teñen dirixido ao BNG, manifestaron a pasividade doutras forzas políticas. Mesmo chegaron a afirmar que dende o goberno municipal preténdese restarlle importancia a esta estrada, que é unha das novidades máis destacadas deste documento de planificación urbanística.

Outra das cuestións que teñen manifestado é a falla de información, o descoñecemento por parte da maioría da veciñanza afectada. Transmitiron a máis firme vontade de traballar e loitar para “deter esta aberración, que traerá máis problemas que solucións”.