O BNG, seguirá actuando para “eliminar a Peaxe en Rande”.

O anuncio da empresa concesionaria, da xestión da autoestrada, AUDASA, de condicionar a supresión da Peaxe en Rande, a unha nova ampliación da Ponte, “non vai contar co apoio do Bloque Nacionalista Galego”, afirman dende a fronte nacionalista.

O BNG, seguirá actuando para “eliminar a Peaxe en Rande”.

Dende o BNG, consideran prioritario que a competenza da Autoestrada, pase ao goberno galego a traveso dunha xestión pública. Esta proposta, prantexada hai poucos anos pola organización nacionalista, conta xa na actualidade co apoio de todas as forzas estatais con presenza no Parlamento Galego, e do conxunto da sociedade galega. “Ábrese unha vía de solución para a eliminación da Peaxe en Rande”, afirman.

Rematar de vez con este inxusto pago nas cabinas de Rande, converteuse nun dos eixos mobilizadores das Asociacións de Veciños e Veciñas de Teis e Chapela. A acción reivindicativa de pago con céntimos bloqueou durante cinco horas a Autoestrada no inverno pasado. Daquela movementos sociais, veciñais, e forzas políticas, a excepción de AER (segundo explicaron nunha xuntanza posterior, non estaban de acordo con esta mobilización), participamos para a consecución do éxito da convocatoria. Posteriormente Javier Bas aproveitou este triunfo do movemento veciñal para poñer en marcha, con fondos públicos a súa campaña personalista, con claro fondo electoralista.

Dende o Bloque Nacionalista Galego, estamos preparad@s para iniciar novas mobilizacións que fagan ver ás forzas estatais “que a Autoestrada é dos galegos e galegas, que debe pasar a ser xestionada polo goberno galego, que a Peaxe en Rande vai ser eliminada”.