O BNG solicita unha xunta de vocei@s para coñecer os pormenores da cesión da casa de Fenosa.

O BNG solicita unha xunta de vocei@s para coñecer os pormenores da cesión da casa de Fenosa.

O Grupo Municipal do BNG, solicitou formalmente que o alcalde, Javier Bas, informara a todas as forzas, sobre os diferentes pasos dados na cesión do edificio e dos terreos que Fenosa posúe no paseo da Xunqueira, en Redondela. Seguimos defendendo “que se manteña o edificio como dotacional, pois existen moitas carencias deste tipo de equipamentos no noso concello”.

Ao longo da xornada do luns 5 de xaneiro, o Grupo Municipal do BNG pediu unha convocatoria da xunta de voceir@s. O motivo da mesma: que o alcalde, Javier Bas, explicara os pasos dados, e os termos recollidos na sinatura do convenio entre o Concello e a empresa Gas Natural-Unión Fenosa.

Para a nosa voceira nacionalista, Cecilia Pérez, “daríase resposta, á finalidade do debate da moción plenaria de maio de 2012, onde a solicitude de AER, instábase a que o concello continuara as negociacións coa empresa, ben para crear un espazo verde ou a cesión do local”. Salienta a nosa voceira que “neste tipo de mocións, a iniciativa da oposición, o que se pretende é que o alcalde actúe en representación do Concello, e polo tanto manteña informado a todos os grupos”.

Consideramos que neste caso, difundiuse a nova a traveso dos medios de comunicación, sen informar previamente ás forzas da oposición. “Así pois, a solicitude de xunta de voceir@s feita polo BNG, está máis que xustificada”, conclúe Cecilia Pérez.

Dende o BNG, seguimos apostando por unha finalidade dotacional para este edificio. Consideramos que existe escaseza de infraestruturas de carácter público en Redondela. Comprometémonos a iniciar un debate con todos os sectores afectados, para acordar o destino definitivo do mesmo.

Cecilia Pérez nunha intervención no Pleno de Redondela.

O BNG solicita unha xunta de vocei@s para coñecer os pormenores da cesión da casa de Fenosa.