O BNG, valora moi positiva a movilización contra a Peaxe.

Vehículos na peaxe de Rande
Vehículos na peaxe de Rande

A convocatoria de pago con céntimos na peaxe da AP-9, no pasado sábado 1 de decembro, converteuse en toda unha demostración de forza das A.VV. De Chapela e Teis. Arredor dun cento de coches colapsaron durante catro horas esta saída en Cabanas.

O BNG, valora moi positiva a movilización contra a Peaxe.

O movemento asociativo tivo que volver a convocar á veciñanza para eliminar este inxusto pago que a veciñanza de Redondela debe asumir, cada vez que se despraza pola autoestrada ata Vigo.

Nin antes o PP de Rajoy, nin agora o PSOE de Sánchez amosaron vontade para suprimir o pago de 90 céntimos por viaxe. Esta peaxe, agrávase no caso dos veciños e veciñas de Chapela, quen ademais de teren que sufrir unha ampliación innecesaria, e os negativos efectos que acarrea, tamén ten que asumir o pago.

Dende o BNG reclamamos que Chapela debe ser a gran beneficiada coa supresión da Peaxe, ao eliminar miles de vehículos que a diario cruzan as súas rúas. Deste xeito melloraríase a calidade de vida, a seguridade viaria de centos de veciños e veciñas

A movilización do pasado 1 de decembro, marca un antes e un despois, nas loitas pola supresión. Moitas poderíanse ter realizado durante os anos da ampliación, se non fora polo “efecto disuasorio Javier Bas”. Transformou a Comisión de Seguemento das Obras,  en instrumento desmovilizador da presión social. Unha Comisión, que no canto de cumprir o seu labor de informar, acordar permitiulle ao alcalde de Redondela gañar tempo para saíren beneficiado eleitoralmente.

Dende o BNG, apoiamos a convocatoria participando no pago céntimo a céntimo. Algún dos nosos compañeir@s, chegou a estar ata as 23h., para poder aboar dita cantidade. No BNG, acreditamos que soamente a presión social e veciñal vai permitir acadar o obxectivo final. Un dos exemplos máis claros, constituíuno a movilización iniciada pola ANPA Igrexa, que forzou a unha rápida resolución no inicio das obras do novo colexio. Saudamos a convocatoria da A.VV. De Chapela e Teis. Apoiaremos este tipo de convocatorias, como verdadeiro instrumento para eliminar, de vez, a Peaxe en Rande.