Cecilia Pérez: “Adicarlle unha rúa a Rita Otero, carece de argumentos de peso”.

Cecilia Pérez: “Adicarlle unha rúa a Rita Otero, carece de argumentos de peso”.

Considera, a voceira nacionalista, que o PSOE deixou pasar a oportunidade de “iniciar un tempo novo en Redondela”. A proposta de dúas asociacións, unha delas vinculada á familia, careceu totalmente de argumentos de calado social.

No Pleno celebrado o xoves 29, un dos puntos da orde do día, contemplaba, adicarlle unha rúa, parte dela máis ben, a Rita Otero. O grupo municipal nacionalista, foi o único que se posicionou claramente en contra desta proposta, tanto na Comisión de Interior, como na sesión plenaria.

Na súa argumentación, a voceira nacionalista, considerou que se trataba dunha prevenda do goberno municipal, para darlle resposta á súa concepción da vida social. En contra do argumentado, “non está demostrado que José Regojo, trasladara a súa actividade industrial ao noso concello, por influenza da súa muller”.

Sorprendeu a postura do Partido Socialista, quen durante o presente mandato, pretendeu rachar co pasado, e iniciar unha nova senda en Redondela. Outra das asociacións que apoiou a proposta, está directamente vinculada con este partido. No momento no que o voceiro socialista, Leonardo Cabaleiro, anunciou o seu apoio á proposta, varias militantes socialistas abandonaron o Salón de Plenos. Deixou pasar este partido, a oportunidade para iniciar un novo camiño de acción social en Redondela.

Cecilia Pérez “reiterou que non existen méritos acreditados para que Rita Otero leve o nome dunha rúa, nin houbo compromiso coas liberdades, nin coa loita polos dereitos das mulleres,... nin calquera outro que demostrara realmente un compromiso social en Redondela”.

Tal e como está a facer co nomeamento de Redondelán/á Distinguido/a, o goberno de Javier Bas, está deturpando o sentido desta distinción. En compadreo total e absoluto co PSOE, anuncian todo tipo de propostas. O BNG “sempre defendeu que este tipo de distincións, debe levarse a cabo coa debida discreción, e consenso social”, afirma a voceira nacionalista”.

Cecilia Pérez: “Adicarlle unha rúa a Rita Otero, carece de argumentos de peso”.