Cecilia Pérez, candidata do BNG ao Senado.

Cecilia Pérez
Cecilia Pérez
Na vindeiras eleccións do 10 de novembro, Cecilia Pérez volverá a formar parte da candidatura do Bloque Nacionalista Galego, pola provincia de Pontevedra ao Senado. 
Cecilia Pérez, candidata do BNG ao Senado.

Segundo manifestou, “constitúe unha honra e un compromiso coa veciñanza, volver formar parte desta candidatura. Coa presenza do BNG nas Cortes do Estado os problemas e as aspiracións dos galegos e galegas volverán a ser relevantes”.

Resalta a exedil nacionalista, a súa satisfacción por participar da lista ao Senado, “posto que co actual sistema electoral pode considerarse como a fórmula máis cercana a unha elección por listas abertas”. Entre as demandas que considera prioritarias destaca “a de mudar o sistema Parlamentario, onde o Senado de verdade se converta nunha Cámara de representación territorial, e non un retiro dourado para altos cargos de PP e PSOE”.

Aposta Cecilia Pérez por recuperar voz do nacionalismo galego a traveso do BNG en Madrid. “Un dos debates máis importantes que se vai producir no estado nos vindeiros anos, será o modelo territorial e de financiamento. Galiza debe estar entre as nacións que teñan presenza e reivindiquen os seus dereitos, e aí somentes o Bloque Nacionalista Galego vai facer valer a nosa voz como pobo”.

Considera que o resultado da eleccións do 10N, van conformar un panorama político onde os votos do nacionalismo galego, “poden ser dos máis decisivos das últimas décadas, polo que animamos á veciñanza redondelá a apoiar dita posibilidade”. Resalta que “a supresión da Peaxe de Rande, a transferencia da AP9, melloras na seguridade viaria nas estradas estatais coa construción da rotonda nos Valos, ou a mellora integral da Enseada, constitúen algúns dos eixos das demandas do Bloque Nacionalista Galego”.

Dende a Asemblea Local do BNG, destacan a presenza da compañeira Cecilia Pérez na candidatura ao Senado. “Fronte a políticos oportunistas que priorizan os intereses persoais, como o modelo de Javier Bas, nós presentamos a Cecilia Pérez como modelo de muller comprometida cos movementos sociais, que sempre deu a cara alí onde a veciñanza a situou, defendendo valores como o feminismo, o asociacionismo, a participación cidadá, a cultural e o idioma galego”.