Cecilia Pérez: “A solución das preferentes pasa por unha decisión política”

Cecilia Pérez: “A solución das preferentes pasa por unha decisión política”

O mércores 30 de xaneiro, foi a data elixida para a celebración dun Pleno Extraordinario da Corporación, cun único punto na Orde do Día: O apoio ao manifesto elaborado pola Plataforma das Preferentes de Redondela.

Na súa exposición, polos cales o BNG ía apoiar o Manifesto, e tal como se fixera nunha Moción presentada no mes de novembro (naquel momento rexeitada polo PP), a voceira, Cecilia Pérez deixou ben claro, que a única vía para devolverlle os cartos ás vítimas destas estafas, pasaba pola solución política.

Como daquela, defendeu que tanto o goberno da Xunta, como o goberno do Estado, tiñan na súa man a posibilidade de solventar esta problemática, quen ten en xaque a máis de cen mil galegos e galegas.

Nin quita, nin arbitraxe. Forzar a que o FROB, devolva os cartos, e a que a xustiza actúe. Con arredor de 900 millóns de euros, pódese perfectamente rematar coa problemática das preferentes en todo o estado español. Cecilia Pérez emprazou, ao señor Feijoó e ao señor Mariano Rajoi a que puxeran os intereses dos pequenos e pequenas aforradores, diante dos intereses macroeconómicos.

Nas dúas intervencións, respaldou as medidas de presión tomadas pola Plataforma. Recordou que o BNG ía apoiar a manifestación convocada para o sábado 2 de febreiro, comprometéndose a participar na mesma.

Se ata o de agora acadáronse posicionamentos públicos en favor dos afectad@s, por parte dos responsábeis tanto políticos como bancarios, a favor dunha solución ao problema, non se debeu a unha mostra de xenerosidade, senón todo o contrario. Foi a presenza dende hai meses destes pequenos aforradores/as, nas rúas de todo o país, nas mobilizacións, na presión, e na repercusión mediática, o que forzou a que se chegara ata este punto. Mais vai ser este camiño, a reivindicación continua, o único que poida conseguir que os afectad@s polas preferentes poidan restablecer os seus aforros, e ao seu carón vai a estar sempre o BNG.

Cecilia Pérez: “A solución das preferentes pasa por unha decisión política”