A concelleira de urbanismo, ignora que actividades se desenvolven en Negros.

A concelleira de urbanismo, ignora que actividades se desenvolven en Negros.

O mércores 14 de outubro, celebrouse o Consello Parroquial de Negros. Ademais de dar conta do estado dos orzamentos participativos, nos que o BNG mantén unha fórmula diametralmente oposta á acordada por PP-PSOE-AER, prantexáronse diversas cuestións informativas.

O representante da organización nacionalista, Agustín González, interpelou á presidenta do Consello, Mari Carmen Amoedo sobre a situación do Picadeiro Hípico, que existe na parroquia. Esta iniciativa botou a andar antes do verán, tempo máis que suficiente, segundo o representante nacionalista, para que gozara de todos os permisos.

Hai xa tres meses que a presidenta deste Consello Parroquial, exerce de concelleira de urbanismo e de servizos sociais. Cun soldo de 23.000€, polo tanto, unha liberación, debe ser coñecedora da situación de calquera actividade empresarial que se puxera en marcha nunha parroquia como a de Negros. Pois ben, a resposta da presidenta foi que descoñecía en que situación se atopaba este Picadeiro.

Para o BNG, trátase dunha nova mostra da desidia coa que o goberno de Javier Bas, asume as súas responsabilidades. Tras unha fachada de xestión seria e rigorosa, agóchase a incapacidade e o único interese de perpetuarse no poder a toda costa. Dende o BNG, imos seguir traballando para ofrecer aos veciños e veciñas de Redondela, unha aposta máis rigorosa e seria no xeito de gobernar.