O Concello consinte o derrubo do Lavadoiro no río Pexegueiro en Cesantes

Lugar onde se atopaba o lavadoiro.
Lugar onde se atopaba o lavadoiro.
Nas últimas semanas perpetrouse unha nova agresión ao Patrimonio Cultural, Etnográfico e Veciñal na zoa do Pexegueiro na estrada do Campo de Fútbol, en Cesantes á altura da empresa de madeiras alí ubicada
O Concello consinte o derrubo do Lavadoiro no río Pexegueiro en Cesantes
Malia que esta medida foi solicitada polo goberno de Javier Bas a Augas de Galiza, foi con este goberno PSOE/AER, co que se perpetrou dita agresión. Polo visto, para algúns, non merecía a pena manter un lavadoiro, exemplo de obra civil ao servizo das clases populares, que durante décadas prestaron servizo á veciñanza desta parte de Cesantes. Sorprende que dende a concellaría de medioambente, nin un só dedo para evitar a destrucción deste elemento elemento patrimonial. O lavadoiro tiña unha antigüedade duns cincuenta anos, e durante décadas empregouno a veciñanza da zoa, principalmente mulleres. Evitase deste xeito ter presente un elemento que igualmente representaba o esforzo que soportaron tradicionalmente. Posibelmente valoraron os responsábeis municipais, que non pagaba a pena invertir en manter limpo este lavadoiro para evitar inundacións na zoa. En tempos do BNG, este mantemento facíase e nunca houbo problemas. Preguntados varios veciños da zoa por se demandaran que se desmantelara o Lavadoiro, afirmaron que “nin lles soaba dita proposta”. Tivo que ser todo un espectáculo para os peregrinos e peregrinas que por aquela zoa circulaban, durante o tempo que se derrubou o Lavadoiro, comprobar como a propia adminstración atentaba contra o noso Patrimonio. Curiosamente, nos últimos días aprobouse unha subvención ao Obradoiro de Estudios Locais “Fernando Monroy”, dun traballo de posta en valor do Patrimonio Etnográfico do Río Pexegueiro. Se cadra, trátase da única posibilidade de ter algunha imaxe deste Lavadoiro. Trátase esta dunha actuación que pode simbolizar o que supón en canto ao respeito e preservación á nosa riqueza cultural, patrimonial e etnográfica. No BNG de Redondela, seguiremos traballando para presenvar estos elementos, como piares da nosa identidade cultural e nacional.