Concentración do BNG en Chapela, demandando melloras no Centro de Saúde

Lectura do manifesto na concentración.
Lectura do manifesto na concentración.

Unha nova concentración convocada pola organización nacionalista, nesta ocasión ás portas do Centro de Saúde de Chapela, congregou a un numeroso grupo de veciños e veciñas.

Concentración do BNG en Chapela, demandando melloras no Centro de Saúde

Coa presenza da deputada Alexandra Fernández e do voceiro municipal, Xoán Carlos González, cuestionouse o modelo sanitario imposto pola Xunta, deteriorando a Atención Primaria, con fin de saturar a atención hospitalaria. Emprazaron á veciñanza, tamén de Chapela, a manter as mobilizacións a prol dunha Sanidade de Calidade, “como un dereito adquirido, incuestionábel”.

De igual xeito, anunciaron que tanto dende as institucións, como dende mobilizacións na rúa, o BNG vai seguir traballando para melloras na Calidade Sanitaria da Atención Primaria, “non só mantendo as diversas especialidades, mesmo ampliándoas, como no caso da atención psicolóxica”.

Na concentración Estrella Iglesias, veciña da parroquia, leu un manifesto non que se demanda aos responsábeis sanitarios da Xunta, rematar cunha “situación excepcional de atención telefónica, para unha volta á atención presencial nos Centros de Saúde”. No corpo do texto sinalábase a necesidade de contratación de máis traballadores e traballadoras sanitarias, para que a Atención Primaria facilite “unha relación máis personalizada entre médico e doente”.

Concentración do BNG en Chapela, demandando melloras no Centro de Saúde