O Consello Local valora como “afianzar o proxecto nacionalista”, os resultados do 10N.

Comparativa anteriores eleccións ao Congreso
Comparativa anteriores eleccións ao Congreso

- Transmitir o agredecemento do BNG a cada un dos votos e apoios cos que contou o nacionalismo galego.

- Suba de 1’5% dende abril, pasando de 990 a 1.220 votos en Redondela.

- Medre en prácticamente as 42 mesas eleitorais con resultados moi salientábeis en Ventosela, O Viso, Cedeira, Reboreda, Trasmañó, Chapela e Redondela

- Confírmase o amplo espectro de apoio ao nacionalismo galego no noso Concello, ao chegar a 1781 votos no Senado.

- Percepción social moi positiva, ao acadar o BNG representación no Congreso.

O Consello Local valora como “afianzar o proxecto nacionalista”, os resultados do 10N.

Posto que a Radio Pública Local, únicamente se fai eco das valoracións de candidato/a ao Congreso de PP e PSOE, sen ter en conta a presenza da candidata do BNG ao Senado, Cecilia Pérez, o Consello Local fai pública a súa valoración das eleicións xerais en Redondela.

Obrigado agradecer e recoñecer todos e cada un dos 1.220 apoios (temos pendentes recursos a 10 votos máis), traducidos en votos ao nacionalismo galego, introducindo a papeleta do Bloque Nacionalista Galego. Nun contexto no que as opcións estatais están sendo as máis apoiadas polos medios de comunicación depositar a confianza na nosa organización acada un maior valor.

Recoñecer o esforzo de militantes e simpatizantes, que tanto na semana de campaña eleitoral, como no propio día das eleccións, desenvolveron un traballo activo difundido a mensaxe do BNG.

Valorar como moi positivos os resultados acadados en Redondela, onde se pasou de 990 a 1.220 votos para o Congreso. Tradúcense estos datos no medre dun 1`88%, dende abril ata novembro.

Nalgunhas seccións eleitorias, como na de Ventosela-O Viso, tradúcese en porcentaxes que superan o 10%.

Manter en Redondela a liña de traballo dos últimos anos, está sendo valorada positivamente cada vez por máis redondeláns. Este medre en apoios, danos forzas para continuar actuando na mellora dunha Redondela, como parte dun País que pretende exercer os seus dereitos.

En Redondela, outras forzas estancáronse, como no caso do PSOE; reduciron a porcentaxe de votos, como no caso de Podemos; ou medraron por debaixo da media provincial, como no caso do PP.

Ante os temores fundados do aumento en apoios á extrema dereita, ata agora agochados nos apoios ao Partido Popular, o BNG vai exercer de bloque de contención ante os postulados “neofascistas” que agocha a mensaxe de VOX. O exemplo máis evidente, na circunscripción da Coruña onde, que o nacionalismo galego acadara un deputado, supoxo que VOX non o conseguira. O voto BNG, verdadeiro voto útil.

Galiza volve ter representación no Parlamento do Estado, a traverso do deputado do BNG, pola provincia de A Coruña. Esta representatividade, acada máis valor se cabe, posto que o equilibrio de forzas, supón que un só voto poida desempeñar un papel crucial na conformación dun novo goberno.

A presenza do BNG en Madrid, vai servir para levar a voz dos nosos sectores productivos, das nosas demandas como pobo, das melloras sociais para colectivos afectados pola crise, da defensa do público sobre o privado.