As contas da estrada de Vilar. A certificación dunha cacicada do PP.

As contas da estrada de Vilar. A certificación dunha cacicada do PP.

Cartos da Deputación, unha partida do Concello para reformar unha estrada; resultado final, un grupo de veciños que viron truncado o seu dereito a gozar das melloras na seguridade viaria. O xeito de “traballar” do PP en estado puro. O saneamento, a única infraestructura que non se tivo que abordar, froito do traballo do BNG.

Dunha “cacicada” en toda regra, pode cualificarse a reforma da estrada Guizán-Os Valos, ao seu paso por Vilar. Cambiaron beirarrúas, asfaltado, abastecemento, tendido eléitrico levantando balados de maior envergadura, por enriba do orzamentado. Un xeito ruín de comprar vontades, co único obxectivo de sacar tallada política.

Dende que o Pleno, en decembro do 2012, deulle a confianza para xestionar 200.000€, ata o verán do 2015, o goberno de Javier Bas, actuou con complicidade ante o que se vía vir. A súa estratexia: converter un proxecto que iba a mellorar a calidade de vida da veciñanza, nun recurso para gañar votos.

O resultado final das obras, nas que se caciqueou con cartos públicos, só poden ser interpretados dun xeito: o Partido Popular, xestiona para beneficio próprio. Agora, pretenden lavar a súa imaxe, esixindo da Deputación, gobernada por eles 30 anos, para que remate, únicamente o treito de Vilar, neste ano 2016.

Esquécense de que esta estrada, tén outro quilómetro, dende Os Valos, onde tamén viven veciños de Saxamonde. Parece que non lles interesa eleitoralmente a seguridade viaria desta xente.

O BNG, rexeita o uso partidista das institucións, o uso caciquil dos cartos que son de todos, poñer os intereses do PP por riba dos dos veciños e veciñas. Que o goberno de Javier Bas se manteña no goberno en Redondela, non pode dar máis que uns resultados desalentadores dende o punto de vista social e cidadá.