Deixadez de funcións do goberno de Javier Bas, na renovación do tellado do colexio de Quintela.

Deixadez de funcións do goberno de Javier Bas, na renovación do tellado do colexio de Quintela.

Ata esta semana non se remitíu o acordo plenario á Xunta para unha dotación orzamentaria.

No Pleno de novembro do 2012, o Grupo Municipal do BNG presentou unha emenda cuxo  único acordo recollía expresamente: “Que o concello de Redondela se dirixa á Xunta de Galiza, para que nos vindeiros Orzamentos, se recolla unha partida para o cambio de cuberta do CEIP Quintela-Redondela”. Dita moción foi apoiada por todos os grupos da Corporación.

Iniciado xa un novo ano, dende o BNG queren poñer en coñecemento da opinión pública, e principalmente da comunidade escolar do colexio de Quintela, a deixadez de funcións do goberno de Javier Bas. Ata estos días, é dicir, máis de mes e medio despois do acordo plenario, non se remitíu o texto á Xunta de Galiza.

Para a organización nacionalista, isto expresa o desinterese do goberno municipal polo seguemento dos acordos plenarios. Acordos plenarios, que se ben teñen un procedemento, existe unha clara responsabilidade política para asegurar que se leven a cabo. Neste caso, tanto a concelleira de Ensino, Teresa Paris, como o propio alcalde, Javier Bas, “ignoraron totalmente o tema”.

Orzamentos da Xunta.

Dende o BNG quérese destacar, a gravidade da situación, pois estamos en plena presentación dos Orzamentos da Xunta de Galiza, para o ano 2013. Trátase do momento axeitado para que se teña en conta a necesidade de dotar de 300.000 mil euros, necesarios para o cambio complento da cuberta do colexio.

A traverso do seu grupo parlamentario, a organización nacionalista vai presentar novamente unha emenda, ao igual que para os orzamentos do 2012, rexeitados polo Partido Popular. Nesta ocasión espera que as lexítimas demandas da comunidade escolar  do CEIP Quintela, sexan tidas en conta.

Falta de información da Xefatura Territorial

En días previos á celebración do Pleno, tanto a dirección do centro, como a ANPA, dirixíronse á xefatura territorial da consellaría de ensino. Pretendían que lles fixeran chegar os informes nos que se baseaban para afirmar que non hai perigo ningún en canto á seguridade do tellado do colexio, polo que non vén urxente o seu cambio.

No debate Plenario, a concelleira, Teresa Paris desvelou que manexaba ditos informes. O concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, acusou tanto ao goberno municipal como á xefatura territorial, de utilizar de xeito partidista os informes obxecto da demanda. Aínda, nesta semana, ninguén se puxera en contacto nin coa dirección, nin coa ANPA.

O Bloque Nacionalista Galego vai continuar traballando para que finalmente o tellado do colexio de Quintela, sexa renovando nos vindeiros meses.

Deixadez de funcións do goberno de Javier Bas, na renovación do tellado do colexio de Quintela.