O deputado do BNG, Luís Bará leva a Casa de Apostas de Redondela, ao Parlamento

Luis Bará
Luis Bará

Unha delegación da Coordinadora redondelá convidada pola organización nacionalista, asistiu ao Pleno do Parlamento. O deputado nacionalista enfatizou que non existe distancia ata o conservatorio e escola de música, co que estaría xustificada a revogación  da licenza

 

O deputado do BNG, Luís Bará leva a Casa de Apostas de Redondela, ao Parlamento

O deputado do BNG, Luís Bará formulou onte unha pregunta parlamentaria ao goberno sobre a apertura dunha casa de apostas no concello de Redondela nas proximidades dunha zona escolar, amplamente rexeitada polos veciños e veciñas.

Tras saudar aos membros da plataforma en contra da instalación da casa de apostas presentes no debate da pregunta do BNG, o deputado Luís Bará preguntou ao conselleiro da Presidencia e Administracións públicas, Alfonso Rueda si o goberno está a favor da apertura da casa de apostas. O vicepresidente empregou as palabras da alcaldesa Digna Rivas, no sentido de que se a empresa conta con todos as permisos ten dereito a desenvolver esta actividade.

O  nacionalista replicou que a culpa de que  proliferen “como fungos” nos últimos cinco anos  as casas de apostas en Galiza, é produto  dunha lei de 35 anos que o PP  cambiou  para beneficiar ás grandes empresas co fin de   aumentar o número de máquinas comecartos e permitir o casino de Vigo.
O deputado asegurou que existe en Redondela unha grande preocupación pola apertura desta casa de apostas e que moitas persoas responderon con mobilizacións en contra, mesmo recollendo sinaturas, alegacións e denunciando “a falta de transparencia da tramitación da autorización”. Bará afirmou  que o  local “incumpre a normativa de distancia con respecto aos centros escolares” xa que a normativa obriga a non instalar salóns a menos de  cento cincuenta metros dos accesos de entrada ou saída de centros oficiais que imparten ensino regrado a menores de idade polo que  preguntou ao vicepresidente se consideraba que a escola de música e o conservatorio de Redondela  é un centro escolar, educativo ao que asisten menores de idade. Ese centro, recalcou Bará, está a menos de cento cincuenta metros da futura casa de apostas, recalcou.

O parlamentario do BNG exixiu ao titular de Vicepresidencia unha revisión da autorización para impedir que se instale esa casa de apostas en Redondela, petición sobre a que Alfonso Rueda non se pronunciou.