O día que Redondela tivo dous alcaldes.

O día que Redondela tivo dous alcaldes.

Xa é de tod@s ben coñecido o feito de que o Partido Popular, ostenta o goberno de Redondela, para beneficio dos seus. Converter a administración local, nun auténtico “cambalache”, para continuar exercendo o poder, sen ningún tipo de Proxecto para Redondela.

Dentro desta fórmula, a institución local, o Concello, forma parte dese instrumento de sustentación do poder. Calquera iniciativa ou paso que se dea dende o goberno de Javier Bas, dáse para consolidar un mandato, cuantitativamente reducido nas eleccións municipais do 24 de maio.

Ese proceso de empobrecemento da institución, acadou un dos seus máximos expoñentes, o pasado venres 28 de agosto. Nin máis nin menos, que dous alcaldes do Partido Popular, exerceron esta función.

Por unha banda, Javier Bas, presidiu o Pleno Extraordinario e Urxente, celebrado en Chapela, apoiar as demandas da Comisión de Afectad@s. O mesmo día, Miguel Ángel Ballesteros, asinaba a convocatoria de Pleno para o mércores 2 de agosto.

Un sinsentido, unha tomadura de pelo, unha falla de respecto cara á institución e a toda a veciñanza. Unha vergoña. O curioso, que teña que ser novamente o BNG, quen esixa respecto pola institución municipal.

7040_833829386666692_3968669137329028775_n

O día que Redondela tivo dous alcaldes.