Estradas de Fomento. Os Veciños de Redondela están Fartos!!!

Estradas de Fomento. Os Veciños de Redondela están Fartos!!!

En resposta á deputada do BNG, o ministerio recoñece que non vai facer nada.

A presenza do Bloque Nacionalista Galego no Congreso dos deputad@s, incomódalle ao PP. Xa era así de sempre, tanto cos gobernos de Aznar, como cos de Zapatero.  O BNG, a única voz que defende a Galiza en sé parlamentar, por certo un Parlamento que lonxe do que nos vende a caverna mediática madrileña, carece de moitas das atribucións de representación popular, instiga e fustiga ao goberno do pontevedrés Rajoy.

Poida parecer moi lonxana a influencia do Ministerio de Fomento sobre Redondela, mais a actuación constante de Olaia Fernández Davila sobre infraestructuras no concello así o certifican: obras do AVE, explosivos en Negros por mor das obras,  molestias de obras do AVE, semáforo en Rande, rotonda en Cabanas, ampliación de Rande, Proxecto de nova estación en Chapela, situación das estradas de Fomento. A instancias do BNG de Redondela, a deputada pón enriba da mesa cuestións que si nos afectan directamente. Chégase mesmo a asumir o papel, que lle correspondería ao goberno de Javier Bas.

A última resposta dada dende o ministerio sobre a situación das estradas de competencia estatal, non pode ser máis desalentadora. Afirmar que a mellora na seguridade viaria dependerá da dispoñibilidade orzamentaria, supón unha espada de Damocles sobre a cabeza de moitos veciños e veciñas. Rematar afirmando que as aceras, que as faga o concello, certifica o discurso de “que se lo coman si quieren”.

Dende o BNG facémonos a mesma pregunta que moitos redondeláns. Para que está o ministerio? A resposta, ben clariña. Pois para manter a posesión estatal neste anaco da País.

 

A veciñanza xa está farta.

No trazado destas estradas polo concello, a titularidade de Fomento non fai máis que obstaculizar a actividade de veciños e veciñas. Dende o punto de vista da seguridade viaria, de realización de calquera infraestructura básica, de desenvolvemento urbanístico (mesmo a “ilegalidade urbanística da concelleira Erminda Quelle”), non fan máis que cargar sobre os veciños e veciñas.

As estradas “nacionais” atravesan núcleos urbáns moi importantes, ao seu pé atópanse varios centros educativos do concello, tronzan barrios e parroquias, condicionan a seguridade viaria.

Constátase día a día, un aumento do tráfico tanto particular como pesado (en todo caso a baixada é anterior ao 2011, e non é máis que o reflexo no descenso no número de desprazamentos pola menor actividade laboral). Aumenta a perigosidade, a inseguridade, e a inquedanza.

Nas diversas xuntanzas que tén mantido o BNG de Redondela, xunto á deputada Olaia Fernández, con entidades veciñais, estas teñen manifestado o seu desacougo arrespeito o Ministerio e a súa función.

Trátase dunha esixencia, que xa non pode esperar máis. As estradas deben pertencer a unha entidade de competencia autonómica, para que se poida restrinxir o movemento de tráfico, principalmente o pesado.

Reducir o tráfico pesado, facilitar os desprazamentos interiores no concello, fomentar o uso de transportes non contaminantes, apostar decididamente polo tren de cercanías. Esa foi e será, a aposta do BNG, afortunadamente nas antípodas do que representa o Partido Popular.

 

Estradas nacionais en Redondela

Estradas de Fomento. Os Veciños de Redondela están Fartos!!!