GALIZA PRODUCE, MADRID CONSUME!

GALIZA PRODUCE, MADRID CONSUME!

O próximo xoves 23 de xaneiro, ás 20:00 da tarde na Casa da Cultura de Redondela, o BNG celebrará un acto público onde a deputada Carme Adán detallará cales son as causas da reforma das tarifas eléctricas que se aplicará en breves, así como a repercusión que terá sobre a poboación galega.

Unha vez máis, as decisións do Partido Popular fan que se primen os intereses das grandes empresas fronte aos da maioría social. Neste caso é aínda máis sangrante o problema tendo en conta que Galiza é unha das principais produtoras de enerxía eléctrica do Estado, e lonxe de recibir as compensacións que serían xustas polo dano ecolóxico que se sofre así como pola destrución da paisaxe e dos recursos turísticos e forestais, nin sequera estas empresas tributan os seus impostos no noso país, polo que recibimos todo o dano derivado da produción eléctrica e ningún beneficio.

Desde o BNG reclamamos un trato máis xusto para o noso país no que a política enerxética se refire, e queremos transmitir a nosa postura a toda a poboación. Este xoves celebraremos un acto que aclarará cales son os intereses que se agochan detrás da constante subida da factura eléctrica, nunha época en que tantas familias do noso país están a pasar unha situación económica realmente dura.

 

1545998_595083460560700_1817192341_n

69063_595571073845272_111337286_n

GALIZA PRODUCE, MADRID CONSUME!