O goberno de Bas, utiliza o remanente para “gañar tempo”.

Fondos Dusi
Fondos Dusi

A estratexia de empregar os fondos públicos, como un instrumento de mercadoría electoral, acada o seu esplendor no uso do remanente do ano 2017. 

O goberno de Bas, utiliza o remanente para “gañar tempo”.

O goberno do PP, utilizou o perto de 1'6 millóns de euros, para sacar adiante algunhas propostas, que mesmo xa dispoñen de financiamento por outras vías. Deste xeito, gaña tempo electoralmente, renunciando a unha verdadeira vertebración do Concello.

O cambio de luminarias, xa veñen recollidas no Redondela 2020, nunha partida de 96.000€, para este obxectivo. O lóxico sería agardar á Auditoría Enerxética, que prantexara non só os cambios nas luminarias, senón un verdadeiro Plan de Aforro Enerxético. Outra das partidas que veñen recollidas nos mesmos Fondos, refírese á sinaléctica de sendas e espazos de interese etnográfico.

Dentro destes mesmo Fondos Europeos, dos que Redondela disporá ata de 6.500.000 euros, ata o ano 2022, tamén establécese unha partida de 576.000 para a creación de infraestruturas deportivas.

A inicios do ano 2018, a consellaría de Cultura, publicitou as bases para a mellora de equipamentos en espazos culturais dos concellos. Dende o BNG, consideramos que este podería ter sido un dos recursos empregados polo goberno do PP, para mellorar a Antiga Escola do Viso, un dos referentes culturais do Concello, propiedade do mesmo, mais optou por solicitar ditos equipamentos para outros espazos.

Pola contra, o remanente, debería empregarse para desenvolver investimentos, con maiores dificultades de financiar, ou que dean resposta a unha verdadeira necesidade social, como no caso do traslado de Servizos Sociais ao novo local na urbanización de Regojo. Renunciar a esta estratexia, simplemente é darlle as costas á veciñanza.

Todas estas partidas, 1'2 millóns de Plan Concellos de Deputación, 1'6 remanente, xunto aos 6'5 do Redondela 2020, deberían permitir unha estruturación dunhas demandas veciñais, que non se están a cubrir. De momento, todo é empregalos en intereses partidistas. Atopámonos, en fin, cunha mostra evidente da carencia de Proxecto para Redondela de Javier Bas e os seus. O BNG, non vai ser cómplice.

O goberno de Bas, utiliza o remanente para “gañar tempo”.