O goberno de Javier Bas, recoñece que non facilita información sobre a Deputación.

O goberno de Javier Bas, recoñece que non facilita información sobre a Deputación.

Os efeitos dos resultados eleitorais municipais aínda van durar meses, mesmo anos. Un deles estase a vivir en Redondela nestas semanas. A baixada dun concelleiro do PP no noso concello, incidíu na perda da Deputación de Pontevedra. Esta situación, non foi asimilada polo novo goberno de Javier Bas. As mocións presentadas para que agora o ente provincial leve a cabo actuacións que negou en vinte anos, ratifican o xa sabido polo BNG, que o PP únicamente aspira ao poder, para manipular as institucións.

Malia todo, Javier Bas síntese afortalado ao conseguir conformar goberno, e mesmo subirlle o soldo a todos os membros do seu equipo. O BNG, sempre desconfiou das boas palabras, coas que adobiaba o seu discurso o alcalde de Redondela, “lealdade”, “traballar polos intereses dos veciños e veciñas”, “frontes comúns polo noso cocnello”,... Agora que a Deputación non está en mans do seu partido, utiliza as malas artes políticas, para pretender saír airoso.

As mocións que se presentaron instando á Deputación, únicamente pretenden xustificar o traballo do alcalde de Redondela. Nada de defender os intereses dos veciños e veciñas. Se durante catro anos, calaron cómplicemente ante Louzán, e agora pretenden que se arranxe o Campo de A Gándara, ou as estradas de O Viso, e Vilar, non demostran máis que un xeito de actuar malévolo e torticeiro.

O recoñecemento público de que a información de diversas actuacións ofertadas polo ente provincial, non son difundidas dende o goberno de Javier Bas, para que cheguen aos coleitivos implicados, constitúe un novo paso nesta visión partidista das institucións.

Dende o BNG, seguemos apostando por darlle un cambio de rumo á Deputación, namentras non se poida eliminar. A aposta de transferir aos concellos partidas orzamentarias, en función de criterios obxectivos, avalan esta tese. Agora, que se instrumentalice estar ou non gobernando nas institucións para sacar tallada política, nunca vai ser o xeito de actuar dunha organización que defende os intereses coleitivos sobre os partidistas.

O goberno de Javier Bas, recoñece que non facilita información sobre a Deputación.