O goberno de Javier Bas, segue contratando empresas para a limpeza.

O goberno de Javier Bas, segue contratando empresas para a limpeza.

Varias facturas do mes de novembro, certifican que se están a contratar empresas para actuacións que poden ser asumidas por persoal do Concello.

Nas facturas do mes de novembro, recóllense varias partidas que certifican o xa denunciado polo BNG no verán: o interese do goberno do PP por privatizar o servizo de limpeza. Aínda que de xeito sutil, pero constante, continúase contratando diversas empresas relacionadas co servizo de xardinaría para desenvolver funcións, perfectamente asumíbeis polo persoal do concello.

Limpeza de lavadoiros e recollida de vexetais.

Cando o BNG asumiu a rehabilitación e recuperación de fontes e lavadoiros, fíxoo co obxecto de recuperar parte da nosa arquitectura tradicional. Tanto a renovación como mantemento destas mostras da nosa cultura popular, correron a cargo da concellaría de medio ambiente, e polo tanto con persoal do concello.

Nesta materia, o goberno de Javier Bas aprobou tres facturas: limpeza de pilón en Cesantes (458€); limpeza lavadoiro e regato en Tuimil (509€); limpeza lavadoiro e regato en Camiño da Buraca (813€).

Outra empresa relacionada co servizo de xardinaría tamén presentou varias facturas de servizos prestados ao concello. Retirada de restos vexetais (653€) e limpeza do río Maceiras (658€), foron as facturas das que se deu conta no Pleno de Novembro.

Pagos electorais

Dáse a circunstancia de que ambas as dúas empresas xa teñen realizado diversos traballos ao longo deste mandato. Presumiblemente seguirán a “cobrar a súa nómina mensual” da institución municipal.

Dende o BNG, valórase moi negativamente este “novo modelo” de xestión de servizos, perfectamente asumíbeis por persoal do concello. Ademais trátase de devolver favores electorais a empresas vinculadas co Partido Popular de Redondela.

O goberno de Javier Bas, segue contratando empresas para a limpeza.