O goberno de Redondela, defende a súa boa xestión na redución de profesor/a en Cedeira.

FB_IMG_1538472586668
Foto: ANPA CEIP Cedeira

A pregunta formulada dende AER no Pleno de setembro, servíulle a Javier Bas e os seus para volver a lucirse en público. En toda a súa exposición alardeou da súa boa xestión nesta problemática, anunciando futuras iniciativas.

O goberno de Redondela, defende a súa boa xestión na redución de profesor/a en Cedeira.

Non houbo posibilidade de réplica. En ningún momento da intervención que realizou no Pleno, fíxose referenza dende o goberno municipal de Redondela da falla da pasividade, a principios de setembro ante os requerimentos da ANPA, por esta problemática. Tampouco se manifestou “radicalmente” en contra dos recortes que en Redondela, afectoron ata a 6 centros escolares. Non se referíu a que esta problemática, e outras que afectan ao ensino público no noso concello, débense aos recortes que o seu partido, o PP implementou dende que chegou novamente ao goberno da Xunta. Non se amosa tan radical, evita nomear persoas e siglas. Volve a desprestixiar o cargo que ocupa. Non se fixo ningún tipo de referenza ante a solicitude de Convocatoria Urxente do Consello Escolar Municipal, para tratar este e outros temas que están afectando ao ensino en Redondela, como o atraso nas convocatorias de subvencións a ANPAs. Neste Consello, está representada a inspección educativa, quen podería expoñer de primeira man a problemática que se está a vivir no Colexio de Cedeira. Esta solicitude, foi presentada no seu momento polo BNG, e apoiada polos outros grupos da oposición. As movilizacións están danando a imaxe de Javier Bas. A ANPA, xa non se cre que isto non teña nada que ver con este goberno municipal. Javier Bas segue a traballar para os seus.

 

 

O goberno de Redondela, defende a súa boa xestión na redución de profesor/a en Cedeira.